O vindeiro luns 23 de xuño, dará comenzo o I Trivial da igualdade organizado polo CIM de Teo.
O Trivial da igualdade é unha iniciativa que consiste nun xogo de preguntas e respostas sobre a igualdade entre mulleres e homes. O xogo ten a intención de promover a igualdade de oportunidades así como a de sensibilizar e educar á poboación en materia de igualdade.
O xogo terá tres áreas temáticas: Violencia de xénero, políticas de igualdade e conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
As bases do xogo publicaránse no blog o longo desta semana.
Entre as persoas gañadoras sortearase unha cesta de productos de baño (foto).
Para poder acceder ás preguntas o enlace é o seguinte: www.trivialdaigualdade.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario