O servicio galego de promoción da igualdade do home e da muller publicou no DOGA do 8 de maio a resolución do 30 de abril pola que se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. O obxecto desta resolución é facilitarlles ás mulleres con fillas ou fillos ó seu cargo un espazo e un tempo de ocio desligado da súa situación cotiá. A duración da estadía será de oito días en réxime de pensión completa durante a primeira semana do mes de xullo.
O prazo para solicitala remata o vindeiro 21 de maio
No hay comentarios:
Publicar un comentario