miércoles, 25 de abril de 2012

Alumnado de Cachito


alumnado de 4ºB do colexio da Ramallosa durante o obradoiro de igualdade 2012

martes, 17 de abril de 2012

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou as estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

Convócanse un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, ou mulleres estranxeiras con permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario e cunha renda mensual que, tendo en conta todos os ingresos do conxuntoa da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (SMI)
As estadías terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais de xuño e principios do mes de xullo. Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu Concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiairas, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.
O prazo de presentación está aberta ata o vindeiro 16 de maio.

lunes, 16 de abril de 2012



CONCURSO OS TIXOLAS

O alumnado de 6 do colexio de Calo colaborou no concurso dos tixolas facendo a decoración dos mandís para os participantes e do gorro para o gañador.
Moitas gracias a todas e todos, xa que sen a vosa axuda non tería sido posible.

miércoles, 4 de abril de 2012



Alumnado de 5º de primaria da Ramallosa no obradoiro de autoestima





Alumnado de 5º de primaria de Calo no obradoiro de autoestima





Alumnado de 4º de primaria da Ramallosa durante o obradoiro de igualdade



martes, 3 de abril de 2012



Alumnado de 4º de primaria do colexio de Calo durante o obradoiro de igualdade



martes, 13 de marzo de 2012



Estefanía, a avogada do CIM, recolleu o xoves 8 de marzo, día das mulleres, en Madrid, o premio Elisa Pérez Vera polo seu traballo sobre a imaxe da mullere no refraneiro popular galego. O 1 premio foi compartido por Ziortza Moreno, polo seu traballo do papel da muller no cine neorrealista italiano de Vittorio de Sica.

Elisa Pérez Vera foi a primeira muller en acceder a un rectorado universitario.

Os nosos parabéns!!!!!!

jueves, 8 de marzo de 2012



Alumnado de 1 da ESO do IES de Cacheiras durante a realización do obradoiro de igualdade.

Moitas gracias pola vosa participación!!!!!



OS NOSOS PARABÉNS NO DÍA DA MULLER!!!!!


No día de hoxe, ás 19:30 terá lugar no Concello a lectura da declaración institucional co gallo do 8 de marzo. A continuación comezará a mesa redonda " O traballo das mulleres: as leiteiras de Teo". Interveñen: Luisa Muñóz, profesora do departamenteo de Historia Contemporánea da USC. Ana Calvo, Dora e Fina Abeijón, con experiencias como leiteiras; e o alumnado do IES de Cacheiras.

O domingo iremos de excursión ás Termas de Outariz.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas