Este vídeo é ilustrativo de que as nosas pequenas e pequenos aprenden o que ven. Deste xeito destacamos a importancia que teñen os nosos feitos, máis que as nosas palabras. No campo da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres son moi importantes as nosas actitudes, o como nos comportamos. Temos que facer todas e todos unha revisión dos nosos comportamentos para poder transmistirlles os nosos fillos e fillas un bo modelo educativo.
martes, 20 de enero de 2009
viernes, 16 de enero de 2009
No DOGA do14 de xaneiro de 2009 publicouse a orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras dos incentivos á contratación dirixidos a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar cofinanciada polo Fondo Social Europeo.
As axudas están destinadas ás empresas que:
- Reincorporen a traballadoras tras un período de descanso por causa da cesión ao traballador do permiso de maternidade
- Sustitúan a persoas traballadoras en excedencia para o coidado de familiares ou con redución da xornada de traballo por motivos familiares.
As solicitudes e anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo: http://traballo.xunta.es
A Consellería de traballo ven de publicar no DOGA do 15 de xaneiro a orde do 30 de decemrbo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres como medida para lograr un mercado de traballo igualitario, cofinanciada polo fondo Social Europeo.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas, calquera que sexa a sorma xurídica que adopte, incluídos autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten por conta allea traballadoras pertencentes aos distintos colectivos que aparecen na orde.
As solicitudes e os anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo: http://traballo.xunta.es
jueves, 15 de enero de 2009
Aínda o noso blog non ten un ano e xa ten máis de 1000 visitas, noraboa a todas e todos!!!! Gustaríame que ademáis de visitalo partipárades nel e para iso tendes sempre a opción de facer algún comentario en cada unha das entradas. Estes comentarios son anónimos, ou se queredes tamén podedes poñer o voso nome. Para nos é moi importante coñecer as vosas inquedanzas, intereses e críticas. Queremos mellorar o noso servicio e para eso necesitamos de todas e todos vos.
Quedamos a espera das vosas suxerencias e comentarios.
Unha aperta
A experta Pilar Lòpez Díez, experta en violencia de xénero, declarou a Europa Press que farán falta uns 25 anos para que a sociedade española deixe del lado a práctica patriarcal da violencia contra as mulleres. Un dos aspectos claves para acabar coa violencia de xénero é a educación. "É fundamental reciclar ao profesorado".
A pesar dos avances na erradicación da violencia machista, queda un largo camiño por percorrer, e os medios de comunicación teñen unha importante labor. Un dos problemas é que xeralmente só recollen o punto do iceberg, as mortes, e non fan referencia á violencia continuada que se produceu ata chegar ás mortes, información que sería moi pedagóxica para que as mulleres maltratadas recoñeceran a sitaución de perigo na que se atopan.
Considera que no caso dos asasinos confesos, debería publicarse o seu nome e apelidos, como no caso dos terroristas incluso antes de ser juzgados.
"Hai que olvidarse dos estereotipos como que está bebédo ou deprimido para xustificar o asasinato, a única razón é que se creen superiores á mulleres coas que conviven".
martes, 13 de enero de 2009
O Ministerio de Igualdade publicou os datos provisionais de mulleres mortas por violencia de xénero durante o ano 2008. O número total ascendeu a 70 e dos datos podemos observar que o maior número de mulleres eran españolas (55,7%) que tiñan denunciada a súa parella (22,9%) ca cal convivían (62,9%) e tiñan unha medida de protección (20%). A idade media é entre 21 e 30 anos (27,1%). A nacionalidade do agresor tamén foi en maior porcentaxe española (62,9%) e a súa idade é entre 31 e 40 anos (28,6%). Nun 67,1% dos casos, estes homes non se suicidan.
Con estes datos quedaría demostrado que moitos dos mitos sobre a violencia de xénero non se cumplen, como o de que a maioría das mulleres que a sofren e os seus verdugos son de natureza estranxeira ou que moitos de estes homes se suicidan.
lunes, 12 de enero de 2009
jueves, 8 de enero de 2009
miércoles, 17 de diciembre de 2008
martes, 16 de diciembre de 2008
Imos ver un vídeo musical sobre a temática de violencia de xénero. Temos que seguir coa campaña de sensibilización.
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello
educar os nosos fillos e fillas
O CIM
O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.






