Na resolución do 4 de xuño se convocan axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da xornada de traballo.
Os beneficiarios serán os homes traballadores por conta allea que se acollan á redución da xornada; no caso de familias monoparentais a persoa solicitante poderá ser home ou muller.
A contía das axudas irá en función do tempo que dure a redución da xornada e da propia redución.
O prazo para solicitar esta axuda remata o vindeiro 31 de agosto e o período que entra neste prazo é do 1 de setembro de 2008 ata esta data.
No hay comentarios:
Publicar un comentario