martes, 20 de enero de 2009



No correo de hoxe publicouse que aumentaron as denuncias por violencia de xénero e aínda que todavía son as mulleres as que maioritariamente denuncias, as denuncias presentadas por familiares aumentaron un 116%. Das 70 mulleres mortas por violencia de xénero no 2008, os casos donde existía orde de protección en vigor descendeu dun 23,5% ata un 14,3%. Atendendo as características da convivencia, apréciase un descenso significativo entre as falecidas con parella ou en convivencia, e un incremento en aquelas nas que había ruptura da relación.

Os asasinatos por arma blanca supoñen o 53,6% dos casos. O 44% eran mulleres extranxeiras mentras que o 80% tiñan unha situación regularizada.

En Galicia foron 6 as mulleres mortas durante o 2008 a máns da súa parella ou ex parella sentimental. Cada vez son máis as denuncias destes casos pero aínda queda moito camiño por percorrer. PARA QUE NON MORRAN MÁIS MULLERES COMO CONSECUENCIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO É PRECISO QUE SE IMPLIQUE TODA A SOCIEDADE.

1 comentario:

Anónimo dijo...

A concienciación todavía é un tema que esta moi verde, penso que a maioría das persoas son moi permisivas nestes campos e non queren meterse. Cando escoitamos unha discusión forte e con insultos e golpes, non debemos dubidar, estas situacións teñense que acabar

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas