martes, 27 de septiembre de 2011

AS MULLERES TERÁN DEREITO A VOTO EN ARABIA SAUDÍ

O rei de Arabia Saudí, Abdalá bin Abdelaziz, anunciou a súa decisión de permitir a participación das mulleres nas eleccións municipais de 2015, tanto en calidade de electoras como de candidatas, e a súa inclusión no Consello da Shura, órgano de caracter consultivo, unha especie de Parlamento pero sen poderes lexislativos.

Arabia Saudí é o único estado do Consello de Cooperación do Golfo Pérsico, integrado ademáis por Emiratos, Omán, Catar, Baréin, e Kuwait, cun consello consultivo no que non se permite a participación feminina.




Este portal estrea un servicio xurídico on-line para mulleres e vítimas de violencia de xénero. As consultas a este novo servicio poden ser complementarias das que se realicen complementariamente na rede de 78 CIM distribuidos nas catro provincias. Esta funcionalidade forma parte dunha serie de novidades neste portal, que inclúen máis seccións e servizos para as persoas usuarias.

http://http//igualdade.xunta.es/2011-09-26-este-portal-estrea-un-servizo-xuridico-on-line-para-mulleres-e-v%C3%ADtimas-de-violencia




viernes, 16 de septiembre de 2011




A Ministra de Sanidad, Política Social e Igualdade, Leire Pajín, presentou a campaña contra a violencia de xénero que ten o lema "non te saltes as sinais. Elixe vivir" cuxo obxetivo é que tanto as vítimas coma a xente do seu entorno sepan detectar as sinais de este tipo de violencia e actúen.
A campaña advirte ante este tipo de sinais a través dunha mensaxe dirixida ás mulleres vítimas e tamén aos seus entornos.
Distribuirase a través da televisión, radio, prensa, publicidade exterior e internet, según criterios de audiencia e cobertura xeográfica.

http://http//www.msps.es/gabinetePrensa/notaPrensa/desarrolloNotaPrensa.jsp?id=2199

jueves, 1 de septiembre de 2011

CURSO IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E CONCILIACIÓN
Este curso está dirixido a mulleres profesionais de santiago de compostela e comarca. Será en modalidade on line e terá unha duración de 50 horas. Comezará o vindeiro 19 de setembro ata o 19 de outubro de 2011
Con este curso preténdese transmitir ao alumnado os coñecementos máis relevantes en materia de igualdade e conciliáción, fomentar e promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e ir introducindo cambios tanto na vida das persoas como nos diferentes ámbitos de poder públicos e políticos.
Para máis información http://formacion.acafo.es
info@formacionytrabajo.com
981558374

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas