viernes, 21 de junio de 2013




O martes e o mércores fixemos un obradoiro no IES de Cacheiras para conmemorar o 28 de xuño, día internacional do orgullo LGBT. O discurso da xuventude de hoxe é que todos e todas somos iguais, da igual que sexas home, muller, gay o lesbiana. Estes debates son moi interesantes para "rascar" un pouco e ver que os prexuizos  e os problemas seguen a estar ahí e hai que visibilizalos para poder superalos.

O DOG de hoxe publica as axudas a ANPAS para a realización de programas de actividades complementarias e extraescolares co obxetivo de conciliar a vida familiar e laboral, cofinanciadas co Fondo Social Europeo. Vos deixos o link:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130621/AnuncioG0244-190613-0007_gl.html

lunes, 3 de junio de 2013

Obradoiro de Risoterapia en Aspamite
O pasado 28 de maio fixemos un obradoiro con homes e mulleres do centro de Aspamite. A experiencia foi moi positva e volveremos a colaborar. Hai máis fotos no fb.
Unha aperta






PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas