viernes, 23 de mayo de 2008

O Instituto da muller convocou unha subvención para o emprego "emprender en feminino". A finalidade desta subvención é fomentar a actividade empresarial feminina e conseguir mellorar a inserción laboral das mulleres. A cuantía das subvencións oscilará entre un mínimo de 6000€ e un máximo de 12000€.
O prazo de presentación da documentación rematará o vindeiro 30 de maio.
A información esta publicada no BOE número 121 do 19 de maio de 2008

jueves, 8 de mayo de 2008


O servicio galego de promoción da igualdade do home e da muller publicou no DOGA do 8 de maio a resolución do 30 de abril pola que se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. O obxecto desta resolución é facilitarlles ás mulleres con fillas ou fillos ó seu cargo un espazo e un tempo de ocio desligado da súa situación cotiá. A duración da estadía será de oito días en réxime de pensión completa durante a primeira semana do mes de xullo.
O prazo para solicitala remata o vindeiro 21 de maio

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas