viernes, 26 de febrero de 2010


A asociación de mulleres juristas Themis, la federación de asociacións de mulleres separadas e divorciadas e a fundación mulleres, destacan que o dia de onte, no que se aprobou a lei de salud sexual e reproductiva e interrupción voluntaria do embarazo, foi un día para festexar.
A presidenta da federación de asociacións de mulleres separadas e divorciadas dixo que hai moita xente que se opón ao aborto pero que pola contra están moi satisfeitos ca guerra ou que están pedindo a pena de morte, o que na súa opinión resulta incomprensible.
A presidenta de Themis dixo que espera que a lei serva a un dos seus principais obxectivos que é mellorar a educación sexual e reproductiva e reducir con elo o número de interrrupcións do embarazo e que serva para terminar coas situacións de inseguridade xurídica que viñan afectando a mulleres e profesionais da mediciña.

jueves, 25 de febrero de 2010

Mala Madre y el buen padre de familia (Miguel Lorente y Luis Tosar) publicado en el Pais el 23/02/2010
www.elpais.com/articulo/opinion/Malamadre/buen/padre/familia/elpepiopi/20100223elpepiopi_5/tes

lunes, 22 de febrero de 2010


Obradoiro de educación para a saúde
O vindeiro día 9 dará comezo no Concello de Teo o obradoiro de educación para a saúde. Terá unha duración total de 10 horas e o horario é os días 9,10,11,16 e 17 de 17:00 a 19:00 na antiga aula de informática na Ramallosa.
Os obxectivos que se pretenden son os seguintes:
- Introducir o concepto de saúde e afondar na súa importante vinculación coas vidas das persoas.
- Educar en hábitos de coidado do propio corpo
- Aprender a comprender a sexualidade
- Desfacer falsas creenzas en temas de educación afectivo sexual
e drogodependencias.
Para anotarse tendes que acodir ao CIM de Teo no edificio sociocultural da Ramallosa. O obradoiro é totalmente gratuíto.

viernes, 19 de febrero de 2010


Do 1 ao 10: de 10:30 a 12:30 na aula de informática. Obradoiro de informática: iniciación ao WORD. Destinado a mulleres maiores de 16 anos.
Do 8 ao 10: de 12:00 a 13:00 na aula de informática. Obradoiro de xestión telemática. Destinado a mulleres maiores de idade. Non se precisan coñecementoes previos de informática.
Día 8: as 19:30 Homenaxe a Clara Campoamor, principal impulsora do sufraxio universal en España, coa colocación dunha placa na rúa que leva o seu nome (fronte ao Eroski).
Días 9,10,11,16 e 17: de 17:00 a 19:00 na Ramallosa (na antiga aula de informática) obradoiro de educación paraa a saúde. Destinado a mulleres.
Día 9,10,11,16 e 17: de 17:00 a 19:00 na Ramallosa (na antiga aula de informática) obradoiro deeducación para a saúde. Destinado a mulleres.
Día 10: ás 20:00 na Mediateca do Grilo, Cacheiras. Charla, "2010, situación da muller no mercado laboral".
20:10 Evolución das mulleres no proceso de incorporación ao mercado laboral. Chelo Cajide, directora do CIM
20:45 Reflexiones sobre a orixe das desigualdes no ámbito da empresa e avances en materia de igualdade. Diego Viña. Axente de Emprego e de Desenvolvemento local de Teo.
Día 11: Ás 20:00 na Mediateca do Grilo: escola de nais e pais: "educando en igualdade".Cacheiras
Día 16: ás 19:30 no Local de Ensaio de Calo (Antiga escola da Tomada) Seminario de motivación emprendedora para a muller. Bic Galicia.
Nos centros educativos se levarán a cabo diversos obradoiros para conmemorar a data.

miércoles, 17 de febrero de 2010


"X nada" é un curto sobre a violencia xuvenil, seleccionado para optar aos premios Goya. O curto aborda una caso de violencia xuvenil protagonizado por Roi e algúns amigos que practican un xogo que consiste en gravar un acto violento e colgalo en Internet. Un xogo que terá consecuencias para as persoas protagonistas.
O SGEP e a Fundación Cultura de Paz colaboraron activamente na iniciativa e o curto xa se está ulitzando en colexios e institutos galegos para traballar a mellora da convivencia escolar, tanto co alumnado de secundaria como coas súas familias.
O curto podedes velo a través deste enlace:

Cidade de mulleres, co gallo do 8 de marzo, o día internacional das mulleres, propón unha exposición virtual baixo o lema "mulleres vistas por mulleres: unha mirada de xénero".
Esta exposición ten por obxetivo, mostrar unha serie de imáxes fotográficas captadas por mulleres, a visión que estas teñen do seu xénero, do seu ser e estar muller, da posición das mulleres no mundo, etc.
Para poder acceder a estas fotografías aqui tendes o enlace.
www.mujeresvistaspormujeres.com

lunes, 15 de febrero de 2010

Os medios presentan á muller como "obxeto sexual" e abusan de estereotipos.
www.elmundo.es
"As mulleres están asociadas á beleza e ao sexo exclusivamente e nas series se repiten estos estereotipos, só pensan en estar perfectas, non ter celulitis e buscar parella, coma se unha muller non poidera desenvolverse sola", apunta Pérez.
Estas opinións contrastan ca do secretario xeral de Unión de Televisións Comerciais Asociadas (UTECA), Jorge del Corral, quen asegura que non recibeu ningunha queixa neste sentido e suliña que os contenidos da televisión en España "son un exemplo bastante máis palpable que nos outros países no trato da igualdade".
A Lei Integral contra a Violencia de Xénero recolle que os medios de comunicación deben fomentar a protección e salvaguardar a igualdade entre home e muller, ao tempo que evitar toda discriminación entre eles.Asimesmo, establece que as Administracións Públicas velarán con especial atención pola erradicación de conductas favorecedoras de situacións de desigualdade das mulleres en todos os medios de comunicación social, de acordo coa la lexislación vixente.

martes, 9 de febrero de 2010



Hoxe comenza un obradoiro de linguaxe non sexista orientado ao persoal do Concello de Teo. Dende o CIM do Concello de Teo sabemos que a linguaxe é un fiel espello da sociedade, polo que coa formación en linguaxe non sexista, pretendese achegar ós e ás profesionais recursos e criterios para eliminar o sexismo lingüístico, sen deixar de reflexionar sobre o emprego da linguaxe formal e coloquial.
O seminario terá unha duración de 4 horas e realizarase nos seguintes días do mes de febreiro:
- 2,4,9 e 11 en horario de 14:00 a 15:00
OBXECTIVOS
- Crear un espazo de reflexión acerca da repercusión e influencia do sexismo social sobre a linguaxe.
- Achegar criterios e recursos lingüísticos para actualizar, modernizar e democratizar a linguaxe empregada en contextos profesionais.
- Analizar a linguaxe sexista en diferentes ámbitos da Administración
- Reforzar a idea de que a igualdade lingüística é indispensable para lograr a igualdade social.
- Concienciar da importancia de evitar calquera tipo de discriminación por cuestión de sexo, centrándonos no aspecto referido á linguaxe, tanto formal coma coloquial, nos espazos de interrelación.

En xeral o persoal do Concello amósase participativo da actividade e interesado pola mesma.

O Foro Europeo de Mulleres denuncia a falta de presencia feminina

Son máis, pero contan menos. É o que ocorre coas mulleres no mundo. Tamén na Unión Europea. A pesar do salto dos últimos 15 anos, os transcurridos dende a IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres convocada por Nacións Unidas en Pekín, que marcóu unha axenda mundial para a igualdade real entre os dous sexos. A semana pasada, en Cádiz, Gobernos, asociacións, políticos e expertos fixeron balance do camiño andado polos 27 Estados membros dende a cita de 1995.
No haber do balance comunitario: o salto educativo (as europeas teñen unha presencia masiva nas aulas universitarias) e o avance nas instancias do poder político, aínda que a paridade queda lexos. Só tres dos 27 Estados membros teñen máis do 40% de parlamentarias e as mulleres ocupan unha de cada catro carteras ministeriais, según o informe de seguimiento de Beijing+15, realizado pola presidencia sueca e presentado o pasado xoves.
No debe: a escasa presencia feminina nos órganos de decisión económica, entre outras limitacións. As mulleres sólo ocupan o 11% dos asientos nos consellos de administración das empresas europeas (o 8,5% nas compañías do Ibex español). Supoñen o 3% dos conselleiros delegados das grandes firmas, a tenor do citado informe. A Súa coordinadora, Marianne Laxen, xa non se plantea denunciar a escasa presencia feminina, senon "a sobrerrepresentación masculina". "O varón é a norma", sentencióu ante un auditorio nada sorprendido. E iso pese a que as empresas que dan cabida a mulleres na súa dirección melloran os seus resultados económicos, según expuso a cazatalentos Eva Levy.
A ecuación é crara: nas crises se tende a reducir o gasto social, a limitar o Estado de bienestar, o gran aliado xunto coas medidas de discriminación positiva das sociedades máis igualitarias.
O mes que ven, en Nueva Iork e no marco de Nacións Unidas, revisarase, nun ámbito mundial, cál é a situación das mulleres 15 años despois da cumbre de Pekín. Probablemente alí, como xa ocurreu en Cádiz, se alcen voces en pro dunha nova conferencia planetaria sobre igualdade. Hai quen propón que se celebre nun país islámico.

lunes, 8 de febrero de 2010

Un pai enterra viva a súa filla para salvar a honra da familia
Tras 40 días desaparecida, o corpo de Medine Memi foi atopado onte no sudeste de Turquía. A nena, de 16 anos, fora maniatada e soterrada dous metros baixo terra nun corral de galliñas. A policía de Adiyaman detivo ao paie ao avó, xa que a autopsia revelou que a nena foi soterrada viva e con plena consciencia. O pai recoñeceu que toda a familia era infeliz porque a nena salía con chicos.
Medine estaba en posición fetal, non tiña feridas, tampouco veneno ou droga no sangue, senon os pulmós cheos de terra, de acordo co Instituto de Mediciña de Malatya. Os crímenes de honor siguen sendo unha práctica común en Turquía, sobre todo no sudeste, onde os clans kurdos castigan ás mulleres por falar con descoñecidos e seguen concertando matrimonios.
Baixo presión da Unión Europea, o Goberno turco cambió o código penal do país no ano 2004, retirando o artígo que recoñecía os crímenes de honor coma un atenuante do delito. Nembargantes, e a pesar das supostas medidas adoptadas, o último ránking de Nacións Unidas sitúa a Turquía no posto 101 de 109 países en cuanto ao rol da muller na sociedade.
As mulleres seguen representando un 3,5% dos postos burocráticos de alto nivel en Turquía, según a asociación IRIS, e entre os 26 ministros do Goberno de Erdogan sólo hai dúas mulleres. Ademáis, a falta de mecanismos de protección para as mulleres impiden que éstas exixan máis dereitos, xa que calquera intento supon un enfrentamento co home e a familia. Aínda así, a situación parece que está cambiando, como demuestra o forte incremento no número de divorcios.
Aínda así, a realidade é bastante peor nalgunhas rexións do sureste do país. "Cando chegan aos 14 o aos 15 anos, o clan decide que a vai a casar con tal persoa e o clan recibe tantos cartos a cambio, e non hai volta de folla. E si en esos casos, como pasa as veces, a nina decide escaparse con alguen, o castigo é directamente a morte si a atopan", nos explica Emine Vaz, coordinadora da asociación feminista do sureste Van Kadin Dernegi.
Según un estudio da Universidade de Diyarbakir, a metade dos reos condenados por crímenes de honor seguen sen arrepentirse do seu delito, unha actitude compartida tamén polas suas respectivas familias.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas