viernes, 26 de noviembre de 2010

O xoves 25 de novembro presentamos no Concello o II Plan de Igualdade, que é o que rexirá as nosas actuacións a prol da consecución da igualdade real entre homes e mulleres no noso Concello durante os vindeiros 4 anos.
Despois da presentación puidemos ver o documental "señora de" onde se relatan as experiencias vividas por algunas das nosas mulleres nos anos en que aínda as mulleres estaban máis invisibilizadas e apenas si tiñan dereitos.


Este é o alumnado de 6º de primaria do colexio da Ramallosa.
Nenos e nenas participaron activamente das actividades propostas e nos debates que se xeneraron en torno a violencia de xénero.
Aínda quedan moitos mitos que desterrarn e moitas falsas creenzas que as e os adultos transmitimos, as veces de forma inconsciente, entre a poboación infantil e xuvenil. Tamén é certo que empezamos a ver certos cambios nas nosas familias.
Temos que seguir traballando toda a sociedade en conxunto


O mércores 24, o doutor Rosendo Bugarín, médico de familia do centro de saúde de Calo, deunos unha charla moi interesante sobre os aspectos médicos da violencia de xénero.
Logo da súa intervención tivemos un debate moi interesante no que participaron tanto homes coma mulleres.
Moitas gracias a todos e todas por acodir.


dentro das actividades para conmemorar o 25 de novembro, leváronse a cabo distintas actividades nos centros educativos do Concello en distintos niveis educativos.
Na foto temos ao alumnado de 3 de primaria do colexio de Calo traballando no tema.

miércoles, 24 de noviembre de 2010


Hoxe, ás 19:00 horas, na antiga escola da Tomada-A Igrexa Calo, o doutor Rosendo Bugarín falará "dos aspectos sanitarios da violencia de xénero". Con esta charla queremos destacar a importancia que teñe o persoal sanitario na detección da violencia de xénero.
Animádevos a vir á charla.

viernes, 19 de noviembre de 2010


Esta fin de semana comenzan os actos previstos para conmemorar o ´25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia de xénero. O primeiro dos actos é o obradoiro de "Ser home por un día" que se levará a cabo esta fin de semana.
O mércores 24 ás 19:00 horas terá lugar unha charla do Doutor Rosendo Bugarín, médico de familia do Centro de saude de Calo, na Antiga escola da Tomada- A Igrexa-Calo. Na charla falaremos dos aspectos sanitarios da violencia de xénero.
O xoves teremos ás 17:30 a presentación do II Plan de Igualdade do Concello e logo a proxección do documental "Señora de" na mediateca do Grilo.
O venres ás 21:00 teremos tamén na mediateca do Grilo, a actuación musical de Paloma Suances e o sábado ás 20:00 no contro sociocultural da Ramallosa, a representación teatral de "Acto imprevisto".
Durante toda a semana faremos diversos actos nos centros educativos do Concello para seguir traballando coa nosa xuventude nun cambio na ideoloxia e na actitud cara esta problemática.
Anímovos a todas e todos a participar nos actos e a traballar diariamente para conseguir erradicar esta lacra do século XXI.

martes, 16 de noviembre de 2010


O vindeiro fin de semana vamos a levar a cabo o obradoiro "home por un día". A actividade está organizada pola concellaría de Emprego, polo axente de emprego.
O obradoiro céntrase no traballo sobre a identidade e a construcción do xénero e para elo, caracterizan ás mulleres de homes, de este xeito as mulleres póñense na pel dos homes por unha tarde e ven a súa realidade.
Vai a ser unha actividade moi entretida e interesante. Para poder inscribirse podedes chamar ao Concello de Teo e preguntar por Diego ou ben no CIM darémosvos información para facelo. Animádevos que estades a tempo de inscribiros

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Os vindeiros 20 e 21 de novembro levaremos a cabo no Concello de Teo os obradoiros "home por un día". Faranse dous obradoiros iguais en datas e sitios diferentes para que as distintas mulleres do Concello poidan anotarse.
O obxetivo dos obradoiros é meterse na pel dos homes durante unha tarde. O persoal do grupo Chévere serán os encargados de caracterizar coma homes ás mulleres, de tal xeito que durante unhas horas verán a vida dende a perspectiva dos homes.
E moi importante poder poñerse na pel doutra persoa, e nesta caso, doutro xénero, para entender mellor a súa perspectiva. Realmente é moi interesante.
O obradoiro está aberto a todalas mulleres maiores de idade do Concello e para poder participar nel podedes chamar ao Concello e falar co axente de emprego, Diego, no número 981815721 ou ben podedes solicitar máis información no CIM.

lunes, 25 de octubre de 2010


Este é o xogo da oca da igualdade do CIM de Teo. E unha das actividades que facemos nos obradoiros que levamos a cabo en 4 de primaria. Tanto nenos coma nenas implícanse moito nas actividades propostas, xa sexan poñer a mesa ou cambiarlle os cueiros os monecos.

jueves, 21 de octubre de 2010


A muller non puido asistir á Universidade ata o 8 de marzo de 1910, cando se aprobou unha real orde que autorizou por igual a matrícula de alumnas e alumnos, pouco despois de que Emilia Pardo Bazán fora nomeada Conselleira de Instrucción Pública. As pioneiras de primeiros de século aproveitaron o vacío legal que existía, basicamente porque ninguén pensou que as mulleres quiseran estudiar, sobre todo que lles fixera falla para ser unhas boas mulleres e nais.
Na actualidade 6 de cada 10 titulados universitarios son mulleres, apenas o 15% dos catedráticos teñen nomes femininos e tan solo hai 11 rectoras nas 77 Universidades españolas

miércoles, 13 de octubre de 2010


O vindeiro lúns 18 de outubro comenza no Concello de Teo o curso de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio. O curso levarase a cabo dende o 18 ata o 5 de novembro de 16:30 a 20:00. É totalmente gratuíto e está dirixido ás mulleres do Concello.
Para máis información podedes chamar ao CIM ao teléfono 981 809707 e preguntar por Chelo

martes, 5 de octubre de 2010


O vindeiro lúns 18 de outubro comeza no Concello de Teo o curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio. O curso terá unha duración de 50 horas en horario de 16:30 a 20:00. Rematará o 5 de novembro.
O curso está dirixido ás mulleres maiores de idade do Concello e é totalmente gratuito.
A finalidade do curso é dotar duns coñecementos básicos a aquelas mulleres que busquen no coidado a persoas dependentes unha saída laboral, nun momento en que é necesaria esta formación xa que cada vez é maior a poboación que necesita e demanda atención no seu domicilio.
O prazo de inscripción comenza maña 6 de outubro e será por riguroso orden ata encher as prazas. Para máis información podedes chamar ao CIM de Teo no teléfono 981 809707 e preguntar por Chelo.
Animádevos que as prazas axiña se esgotan.

lunes, 4 de octubre de 2010


O vindeiro mércores, comenzamos nos Tilos cos obradoiros de igualdade e autoestima. como ven sendo habitual o obradoiro de igualdade levarase a cabo en 4 de primaria e o de autoestima en 5.
Coma en anos anteriores, as sesiones desenvolveranse durante 6 semanas, unha á semana.
O obxectivo fundamental do obradoiro de igualdade é sensibilizar e concienciar a poboación infantil das desigualdades que existen entre homes e mulleres e facelos partícipes do seu papel no cambio de actitudes.
Co obradoido de autoestima o que se pretende é traballar a autoestima do alumnado nunha etapa na que comenza a disminuir, xa que comenzan a producirse grandes cambios a nivel físico e psicolóxico, que moitas veces provocan desaxustes persoais.

lunes, 27 de septiembre de 2010


A Asociación Recreativa e Cultural dos Tilos oferta as actividades que van a levar a cabo. para poder inscribirse hai que facelo no mes anterior ao comezo do trismestre e ata que se agoten as prazas.
Para máis información podedes acodir á asociación.

viernes, 24 de septiembre de 2010

Onte foi o Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas. Na xornada púxose de manifesto a dificultade de atopar unha solución para abolir esta problemática.
Os datos dispoñibles poñen de manifesto que tanto a legalización da prostitución, como a situaicón actual de relativa alegalidad, producen peores resultados que una terceira alternativa, como é a criminalización do cliente. Cada vez hai máis evidencia de que actuar sobre a demanda da prostitución en lugar de sobre a oferta, ten efectos positivos.
A caída da demanda en países (como Noruega) que crimiinalizan ao cliente é algo evidente e as razóns son obvias. Onde a compra de sexo é ilegal, os costes nos queincurren as mafias esclavistas de mulleres para garantizar aos clients que non serán penalizados son moi altos, os mesmos traficantes pensan que non vale a pena, que é mellor traballar en paises onde se poida comprar sexo (España entre eles).
Ca regularización da prostitución, os traficantes de seres humáns atopan unha fachada legal perfecta coa que cubrir as suás actividades delictivas. Unha consecuencia da regularización da compra de sexo é que mentras que o número de burdeles legais crece, os negocios ilegais (por exemplo con prostitutas menores de idade), se multiplican.

A comisión de sanidade e consumo do Congreso dos Deputados ven de aprobar unha proposta non de lei que persegue implantar baixa laborais remuneradas para nais e pais no caso de ter fillos ou fillas con enfermidades graves e hospitalización. Esta medida ten consecuencias moi importantes para o desenrolo da corresponsabilidade; tanto se fala na actualidade da custodia compartida despois do divorcio, pois tamén é importante exercela durante a convivencia.
Según a presidenta da federación de mulleres progresistas, é preciso a implantación de baixas de paternidade obligatorias co fin de evitar que as mulleres lles supoña unha desventaxa como o é hoxe a baixa por maternidade, no momento de acceder ao mercado laboral, xa que aínda na actualidade son moitos os empresarios que se decantan pola contratación de homes sabendo que eles non van a pedir as baixas.
É unha boa medida que dende o cim de Teo aplaudimos

jueves, 16 de septiembre de 2010


A comunicación da Comisión ao Consello e ao Parlamento, pola que se establece para o período 2007-2013 un programa marco de dereitos fundamentais e xusticia, dispón que a loita contra a violencia de xénero que sofren as mulleres, a infancia e a xuventude desempeña un papel importante como parte do esforzo para crear un verdadeiro espacio de liberdade, seguridade e xusticia.
A protección das mulleres víctimas de violencia de xénero é unha medida contemplada nas lexislacións de todos os estados membros da Unión Europea, pero a súa eficacia limítase ao Estado que a acordou. A proposta da creación da Orden Europea de Protección, conocida como a Euro orden, permitiría extender as órdes de alonxamento e demáis medidas de protección acordadas nun país comunitario, a outro país tamén comunitario.
A finalidade é que a persoa pretexida reciba no Estado membro ao que se traslada a mesma ou similiar protección que tiña no país onde se adoptou.
Esta medida foi remitida ao Parlametno para a súa aprobación definitiva, pese a non contar coa maioría cualificada. Costa entender cómo os países que foron capaces de poñerse de acordo para aprobar unha moeda única, non o son para aprobar algo máis sencillo como é una orden eurpea de protección.

miércoles, 8 de septiembre de 2010


Dende o 2008 ,en Exipto está prohibida a ablación do clítoris, pero a primeiros deste mes morreu unha nena de 13 anos a máns dun suposto médico que pretendía extirparlle o clítoris. Os seus pais enterráronna sen permiso, o que fixo levantar as sospeitas. Neste pais existe unha linea telefónica para denunciar estes casos e chamaron para denunciar o que lle pasara a Nermeen.
A ablación do clítores é unha práctica que se relaciona co Islam, pero esta práctica xa existía nestes países antes da chegada da relixión musulmán.
Según a axencia Afrol News, son 28 os países africanos nos que aínda se leva a cabo esta práctica; en países coma Somalia ou Exipto, casi o 95% das mulleres pasaron por este trance.
A organización mundial da saúde (OMS) afirma que entre 100 e 140 millóns de mulleres no mundo foron sometidas a esta operación e 3 millóns de nenas están en risco. Con todo, 18 países africanos prohibiron esta práctica, e outros puseron en funcionamento líneas telefónicas para denunciar esta práctica, como é o caso de Burkina Faso ou algunhas zonas de Kenia

martes, 7 de septiembre de 2010


A Fundación Mulleres organiza un Curso Gratuito Semipresencial de "Creación de empresas" para mulleres emprendedoras e empresarias.
Esta acción formativa terá unha duración de 100 horas, con acompañamento na elaboración do seu plan de empresa. As emprendedoras poderán comprobar a viabilidade da súa idea e as empresarias, que teñan iniciada a súa actividade empresarial recientemente, poderán confirmar e validar a viabilidade do seu negocio.
As sesións presenciais, que serán en Coruña, serán participativas e dinámicas, panteándose casos reais protagonizados por outras emprendedoras.
O inicio é o 23 de septiembre, para máis información chamar ao teléfono 981 294097 ou ben nas direccións de correo berta.lema@fundacionmujeres.es ou beatriz.blanco@fundacionmujeres.es


Esta xornada se celebrará o vindeiro 2 de outubro na praia de Bastiagueiro (Oleiros- A Coruña). Nesta ocasión o tema a debatir é concienciar a nais e pais do labor tan importante que teñen ao apoiar aos seus fillos e fillas na elección da práctica deportiva, evitando estereotipos de xénero.
Para poder inscribirse na mesma ou para obter más información podedes acodir á páxina da secretaría xeral de igualdade

lunes, 16 de agosto de 2010

Dende hoxe o teléfono da muller de Galicia, o 900 400 273 está dispoñible en 51 idiomas. De este xeito preténdese que queden atendidas todas as mulleres estranxeiras que residen na nosa comunidade e que en moitas ocasións teñen dificultades para acceder aos servicios debido ao descoñecemento do idioma.
A secretaria xeral de igualdade, Marta González, explicou que o obxectivo é lograr unha correcta asistencia ofertando a posibilidade de que as usuarias podan requerir información e asesoramento e as profesionais que atenden o teléfono podan proporcionar estos servicios mantendo unha conversa normal.
Con este sistema preténdese minimizar a ansiedade e o estrés que se produce pola falta de entendemento, conseguir que un maior número de mulleres podan recibir atención e asesoramento e mellorar a calidade da asistencia ás mulleres estranxeiras, independientemente da súa orixe e idioma.
O teléfono da muller é un servicio gratuito é anónimo que funciona as 24 horas do día e ten cobertura para toda a comunidade autónoma

viernes, 6 de agosto de 2010


En pleno século XIX, a portada da revista times que sairá á venda o vindeiro 9 de agosto é ista, coa imaxe da xoven afgana de 18 anos a quen o seu home lle cortou o nariz e as orellas por "deshonrar a súa familia". Aisha atópase viaxando a EEUU onde a fundación Grossman Burn faralle unha ciruxía reconstructiva.
Cando vemos estas cosas dámonos realmente conta de que o camiño que nos queda por percorrer é ainda moi, moi longo.

jueves, 5 de agosto de 2010

Hoxe publícanse no DOG a resolución do 30 de xullo de 2010, da Secretaría Xeral de Igualdade, das subvencións destinadas a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas de apoio a mulleres xestantes e/ou lactatnes con fillas/os menores de tres anos.
Estas subvencións están orientadas ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de apoio a mulleres xestatnes e lactantes e con fillas/os menores de 3 anos, en situación de posible vulnerabilidade social e/ou laboral, e dirixidos a evitar a exclusión destas mulleres promovendo accións para o seu desenvolvemento persoal, familiar e laboral.
Son accións subvencionables por exemplo os programas de información sobre os recursos existentes, os de orientación, asesoramento e búsqueda de emprego ou de acompañamento social que inclúan, entre outras, medidas de apoio paicolóxico que permitan superar as cargas emocionais que poida provocar a situación de embarazo ou maternidade.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o vindeiro 6 de setembro.

lunes, 2 de agosto de 2010

O Ministerio do Interior de Irak abreu dous centros de "protección familiar" nas comisarías de Bagdad. Na súa maioria o persoal está composto por traballadoras sociais e investigadoras. Isto supón un avance enorme na cultura iraquí.
Moitos dos políticos iraquís rechazaban a idea de que a muller poidera sufrir abusos, pero agora xa entende o que son as palabras "muller abusada", o que é un gran avance.
En Irak non existen datos oficiais de mulleres abusadas pero o goberno xa non nega que sexa un problema.
Non é inusual ver a mulleres con señales de violencia no seu corpo ou escoitar berros nas casas, pero as mulleres raras veces se queixan xa que na súa cultura non está ben visto.

martes, 27 de julio de 2010


O pasado xoves Fernando Gálligo, psicólogo do instituto andaluz da muller, ofreceu unha conferencia sobre a situación da violencia en parellas xóvenes.
Gálligo está convencido de que a solución está na educación preventiva, incluso antes de que os fillos e as fillas nazcan, formando unha parella sensata que crea na igualdade. A nosa mocidade, e sobre todo as rapazas sobrevaloran o amor, pensan que os celos son sinónimo de cariño, creen que non se pode ser feliz sin parella, que querer a alguén significa complacerlo absolutamente en todo. Estamos ante un repunte do machismo na xuventude e ante unha deixadez nas escolas. Nas familias a preocupación aumenta e a resposta é un maior control, ante o que as mozas responden con negación, distanciamiento, aillamento e se volve máis vulnerable cara esa parella

miércoles, 21 de julio de 2010

Na páxina da red feminista hai un artigo sobre a custodia compartida que me parece moi interesante feito por Miguel Lorente Acosta no País, o actual delegado do Goberno contra a violencia de xénero.
A páxina é a seguinte:
www.redfeminista.org



A Conselleira para a Igualdade e Bienestar social, Micaela Navarro, suliñou que as absolucións nos xuicios por violencia de xénero se deben á falta de probas e non ao feito de que se traten de denuncias falsas.
Non se coñece ningún caso no que os xuices deduciran testimonio a unha muller pola presentación dunha denuncia falsa. Cando un xuiz considera que non existen probas suficientes para emitir unha condena, o normal é que se absolva ao denunciado.

miércoles, 7 de julio de 2010


Como todas e todos sabedes, o Concello de Teo conta co I Plan de Igualdade cunha vixencia de 5 anos que remata no 2010. Con tal motivo estamos a elaborar o II plan. Para poder facelo gustaríanos contar coas vosas aportacións para facelo o máis preto posible da nosa realidade.
Deixovos unha dirección de correo a onde podedes mandar as vosas suxerencias, opinións, preguntas..o que se vos ocurra; a dirección é plandeigualdadeteo@hotmail.com
Esperamos os vosos correos!!!

martes, 22 de junio de 2010


Onte rematamos o obradoiro de risoterapia que fixemos cas mulleres da asociación teenses pola igualdade.
Esperamos que fora do voso agrado e esperamos contar coa voa presencia nas vindeiras actividades.
Moitísimas gracias a todas por vir... e felices risas!!!!!!!!!!!!

lunes, 14 de junio de 2010


A Oliveira de Teo convida ao público en xeral a se achegar á Mediateca Municipal O Grilo este sábado ás 20:30 para asistir á charla que vai a impartir o mestre, escritor, articulista de prensa, colaborador de radio e televisión, activo fundador de movementos de renovación pedagóxica, o chairego Xabier P.Docampo.
A conferencia leva por título: A educación nacional católica. Experiencias dun neno dos 50
Esperamos que sexa do voso agrado


O venres levamos a cabo no centro social da Ramallosa a charla titulada Muller: menopausa e sexualidade.
O Dr. Cajide deixou craro que calquera da sintomatoloxía que se pode presentar neste momento é tratable e que non por considerala "normal" non a debemos tratar. Sofocos, sequidade vaxinal.... pódese e débese tratar. Cada muller deberá seguir un tratamento individual, non vale o mesmo para todas e por iso é preciso acudir ao noso xinecólogo ou xinecóloga unha vez ao ano como mínimo.
A participación foi moi boa e demostraron moito interes ca ronda de preguntas finais.
Do mesmo xeito algunha das asistentes amosaron o seu interese porque este tipo de actividades se repitan e para iso necesitamos da vosa colaboración, é preciso que propoñades os temas que vos interesan e nos cales estades interesadas.
Xa sabedes que estamos no edificio de servicios sociais todolos días en horario de 9:00 a 14:00 para calquera dúbida que teñades.
Moitas gracias a todas e todos por vir.


jueves, 10 de junio de 2010


O martes rematou o obradoiro de risoterapia que se levou a cabo na Ramallosa e que estaba aberto a tódalas mulleres do Concello.
O resultado foi moi satisfactorio tanto para nos coma para as mulleres que asistiron.
Aínda a última sesión non poideron asistir todas as participantes, o número de mulleres que asistiron foi de 14.
Se queredes ver máis fotos están colgadas no facebook, para poder velas tendes que facervos amigas do CIM, se necesitades axuda so tendes que vir e preguntar cómo se fai.
Moitísimas gracias a todas por participar e por axudarnos a facer o obradoiro, sen vos non tivera sido posible.

lunes, 7 de junio de 2010

O vindeiro venres 11 de xuño ás 19:00 vaise a impartir unha charla no centro sociocultural da Ramallosa. A charla titúlase Muller:Menopausia e sexualidade e será impartida por Chelo Cajide, psicóloga e directora do cim de Teo, e polo xinecólogo Ramón Cajide Montero, xefe do servicio de obstetricia e xinecoloxía do complexo hospitalario universitario de santiago de compostela.
A charla é aberta a toda a poboación do Concello.
Animádevos!!!!!

domingo, 30 de mayo de 2010


O pasado mércores 26 tivo lugar no Concello a presentación por parte de Gaela, a empresa que se vai a facer cargo da redacción do II plan de igualdade, do proxecto de traballo para a elaboración do plan.
A reunión acudiron os diferentes grupos políticos e amosaron o seu interese e a súa disposición a colaborar na súa elaboración.

martes, 25 de mayo de 2010


Este lúns saleu publicado no DOGA a convocatoria das axudas establecidas no artigo 27 da lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 25 de maio e rematará o 30 de novembro de 2010. O importe desta axuda será, con carácter xeral, equivalente a 6 meses do subsidio por desemprego vixente, pero hai diferentes situacións:
- O importe será o equivalente a 12 meses cando a vitima tivese a cargo un familiar ou menor acollido/a ou cando a vítima sen responsabilidades familiares, tivese unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
- O importe será o equivalente a 18 meses de subsidio por desemprego cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a ou cando a vítima tivese ao seu cargo un familiar ou menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou a persoa dependente.
- O importe será o equivalente a 24 meses de subsidio por desemprego cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou algunha das persoas dependentes, ou cando a vítima con responsabilidades familiares ou o familiar ou menor acollido/a con quen conviva tivese recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Para máis información podedes acodir ao cim de Teo

lunes, 24 de mayo de 2010


No DOGA do 24 de maio de 2010 saleu publicada a resolución do 18 de maio pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionimso e a participación das mulleres.
As axudas poden ser solicitadas polas asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, sen ánimo de lucro, legalmente constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002 do 22 de marzo.
Tanto no caso das asociacións como das federacións as mulleres socias representarán, polo menos, o 90% da totalidade das persoas asociadas
A finalidade desta axuda é fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, establecendo unha linea de apoio ao seu mantemento e funcionamento entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2010.
O prazo para solicitar esta axuda remata o vindeiro 25 de xuño de 2010

martes, 18 de mayo de 2010


No DOGA do 11 de maio de 2010 publicouse a resolución do 7 de maio de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.
Poderán solicitar estas estadías mulleres que:
- Con fillos ou fillas entre 2 e 12 anos
- Estean domiciliadas na Comunidade Autónoma Galega e no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
- Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, divididos polo número de membors que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (SMI)
- Non padecer ela, nin os fillos ou fillas que a acompañen, enfermidade que requira illamento e/ou que impida a nomal convivencia.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 12 de xuño de 2010.
Para máis información podedes acodir ao CIM ou preguntar por Chelo

miércoles, 12 de mayo de 2010


OBRADOIRO DE RISOTERAPIA
Onte rematamos o obradoiro de risoterapia que se levou a cabo xunto coas asociacións Cruceiro do Monte e Baiuca.
O obradoiro levouse a cabo os días 4,5 e 11 de maio e as mulleres que participaron nel conseguiron descubrir algúns dos beneficios da risa.
Con este obxectivo o que se pretende entre outros obxectivos é rirnos de nos mesmas, coas demais e non das demais persoas, recoñecendo a risa como ferramente para lograr un mellor desenvolvemento persoal.
Moitas gracias a todas por acodir.


O goberno anuncia que a partires do 1 de xaneiro de 2011 suprimirá o cheque bebé de 2500 euros.

lunes, 10 de mayo de 2010


NO DOGA de hoxe saleu a orde do 3 de maio de 2010 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamenteo único por fillas e fillos menores de 3 anos para o ano 2010.
Poderán beneficiarse desta axuda aquelas persoas que teñan un fillo ou filla menos de 3 anos a 1 de xaneiro de 2010 e que nin a persoa solicitante nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas. Deberán residir en Galicia.
A contía da prestación é de 360 euros e o prazo para solicitala remata o vindeiro 21 de xuño.

viernes, 7 de mayo de 2010


Durante os meses de maio e xuño, dende o CIM vanse a levar a cabo unha serie de obradoiros e charlas en colaboración con distintas asociacións do Concello.
De momento estanse realizando dous obradoiros de risoterapia, un na asociación recreativa e cultural dos Tilos, os días 3,10 e 24 de maio de 17:30 a 19:30 e outro cas asociacións de veciños do Cruceiro de Monte e Baiuca, os días 4,5 e 11 de maio de 18:00 a 20:00. O seguinte obradoiro será ca asociación de Teenses pola Igualdade os días 7,15 e 21 de xuño.
Do mesmo xeito o vindeiro 11 de xuño levarase a cabo unha charla sobre educación para a saúde con mulleres en colaboración ca asociación de veciños "O castro", na charla participará o Xinecólogo Ramón Cajide Montero. A charla será aberta a toda a veciñanza.
As actividades continuarán con outras asociacións ao longo do ano

jueves, 6 de mayo de 2010


OBRADOIRO DE RISOTERAPIA
Os vindeiros 31 de maio e 1 e 8 de xuño imos a levar a cabo, dende o CIM de Teo un obradoiro de risoterapia. O horario é de 18:00 a 19:30 na Ramallosa. E gratuíto.
Os obxectios xerais desde obradoiro son:
- Crear situacións lúdicas qeu nos dispoñan para a estimulación física e emocional do sentido do humor e da risa.
- Rirnos de nos mesmas, coas demais recoñecendo a risa como ferramenta para lograr un mellor desenvolvemento persoal.
- Incentivar en cada muller a busca de recursos e novas estratexias de afrontamento positivo que faciliten unha mellor actitude e abordaxe do seu devir vital.
Para máis información chamade ao cim e preguntade por Chelo
Animádevos

miércoles, 28 de abril de 2010


Najwa volve a clase noutro instituto cercano ao seu anterior centro escolar. O hiyab é un velo caracte´ristico das mulleres árabes. Deixa libre a cara e moitas das mulleres o levan como un signo de identidad.

lunes, 19 de abril de 2010


Asociacións de mulleres denunciaron que o condón anti-violación creado pola doctora sudafricana Sonnet Ehlers que pretende distribuirse no mundial de Sudáfrica (30000 unidades), consideran que pode actuar como unha medida disuasoria para o agresor pero consideran que podría provocar unha reacción moito máis violenta contra a muller.
O condón anti-violación ou "rape-axe" é unha especie de preservativo con aristas aserradas no seu interior que se introduce na vaxina e que no caso de agresión sexual, atrapa o pene do home e ten que acodir ao hospital a que lle retiren o dispositivo.
A presidenta de mulleres xuristas Themis, destacou que para a muller é algo horroroso e a escribeu como unha maneira de previr as violacións que empezan sendo xa unha agresión para a muller.

jueves, 15 de abril de 2010


O primeiro e-book naceu en Ferrol
Unha mestra patentou en 1949 o libro mecánico precursor do electrónico. Ánxela Ruiz Robles (1895-1975) visionou a era das pizarras con varias décadas de antelación. O seu nacemento foi froito de 3 obxectivos principais:
- alixerar o peso das mochilas das nenas e nenos
- facer máis atractiva a aprendizaxe
-adaptar a ensinanza ao nivel de cada estudiante
Os norteamericanos quiseronlle mercar a patente pero Dona Anxelita non quería que o seu invento se fose de Galicia e sobre todo da súa terra, Ferrol.
O talento de Ánxela Ruiz Robles, unha das poucas inventoras españolas nunha época na que a paridade era todavía ciencia ficción, verteuse en 12 obras científicas e a súa labor foi recoñecida coa cruz de Alfonso X o sabio

miércoles, 14 de abril de 2010


Durante os vindeiros meses de maio e xuño, dende o CIM imos a organizar as seguintes actividades:
- Obradoiro de risoterapia: 6 horas
- Obradoiro de busca activa de emprego: 6 horas
- Charla de saúde: 2 horas
- Charla sobre violencia de xénero: 2 horas
As datas aínda non están confirmadas pero calquera persona que esté interesada pode anotarse no cim ou cubrindo unha ficha que está colgada na páxina do Concello. www.concellodeteo.com
As actividades están abertas a toda a poboación e son totalmente gratuítas. Informádevos no CIM.

O Concello de Santiago entregou onte as chaves da casa de acollida á Xunta. No proxecto do centro integral, fraguado dende hai máis de tres anos, invertiránse máis de 425000€ para a súa rehabilitación e posta en marcha. A intención da Secretaría Xeral de Igualdade é que esté en funcionamento este ano.
Este centro pretende abarcar todas as fases do proceso de detención: emerxencia, acollemento, atención, recuperación e reinserción. Dende o centro atenderáse a atención psicolóxica individualizada e axustada a cada usuaria, e intervendrase tanto social coma laboralmente para lograr a inserción da muller maltratada.

Esta é a nova campaña de prevención do SIDA; estase a difundir por internet.

A ver que vos parece.

viernes, 9 de abril de 2010

Bruselas debate a creación dunha orde europea contra o maltrato

As policías dos 27 países da EU abogan por crear unha orde europea de protección ás víctimas da violencia de xénero, ademáis de contar cunha base de datos conxunta na que figuren todas as mulleres que sufriron algún tipo de maltrato.
En España, máis de 100000 mulleres maltratadas están incluídas no sistema de seguimento Integral de violencia de xénero. De elas máis de 500 afrontan un alto risco de ser atacadas polos séus ex cónxuxes ou compañeiros sentimentais e outras 14 clasificadas como máximo risco.
Tamén foi respaldada outra iniciativa, a de que as axudas e asesoramentos non só vaian dirixidos as mulleres cómo recolle a lei integral, senón que se extenda aos menores. A lei contra a violencia de xénero é boa, pero lle falta contemplar como víctimas aos fillos e fillas das mulleres maltratadas. Debería darse tratamento psicolóxico e apoio aos menores e as menores, pese a que non reciban malos tratos directamente, pero tamén os sufren pola tensión que se vive no fogar.

viernes, 26 de marzo de 2010


Onte comenzou na aula de informática o obradoiro sobre xestións telemáticas que se organizou co motivo da celebración do 8 de marzo.
O obxetivo do obradoiro é facilitarlle as usuarias uns coñecementos básicos de informática para poder utilizar as ferramentas que moitos organismos oficiais teñen para solicitar axudas, pedir citas no médico....
Moitas gracias a todas polo voso interese.

martes, 23 de marzo de 2010

A asociación recreativa os Tilos organiza un campamento para Semana Santa
O campamento complementa os programas de conciliación familiar e laboral que promove o Concello para as xornadas laborais non lectivas. O programa incluirá os días 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril en horario de 7:30 a 15:30 o que permite ofrecer desayuno e almorzo.
Para anotarse tendes ata o xoves 25.
Esta asociación tamén comenzou un obradoiro de cociña que comenzou o día 15 con 10 persoas na súa maioria homes.


Edición Embora publica unha colección de igualdade que axudan ao cambio da realidade da muller na sociedade actual.
Rematar con situacións cotiás anacrónicas, erradicar os estereotipos de xénero e introducir de forma sinxela e clara os postulados do principio de igualdade na educación dos nenos e das nenas é moito máis doado con estes volúmenes que empregan a orixinalidade e o sentido do humor dunha forma innovadora e creativa.
Cada volumen sae á venda por un prezo de 12 euros.


Este ano, nos obradoiros de igualdade nos centros de educación primaria do Concello o alumnado xogou co xogo da igualdade. A finalidade é a mesma ca do xogo tradicional da oca pero aplicado a temas de corresponsabilidade, como limpar, facer a cama, cambiar cueiros...
Tanto nenos coma nenas participaron activamente da actividade.
Se queredes ver o material está no CIM. Nas fotos podedes ver o taboleiro e algunha das fichas das actividades.

lunes, 22 de marzo de 2010

DEZ INSTITUTOS SEGUEN UN PROXECTO PILOTO CONTRA A VIOLENCIA ESCOLAR

Os alumnos acoden primeiro a un curso onde se lles explica o que teñen que facer e despois seguen coa súa vida normal, atentos aos conflictos do seu arredor e recibindo as peticións dos seus compañeiros e compañeiras.
O sistema está funcionando, comenzou a funcionar en Andalucía e estase extendendo polo resto do territorio español. En Galicia a conflictividade na aula é moi pequena; o problema máis habitual é o de conductas disruptivas na aula de nenos e nenas aburridas polo sistema.
É moi útil que sexan os propios nenos e nenas quenes ensinen a escoitar, a poñerse no lugar do outro e a resolver conflictos co diálogo.

jueves, 18 de marzo de 2010


O 8 de marzo rematamos os obradoiros de igualdade no colexio de Calo. Na última sesión xogamos ao xogo da oca da igualdade e as nenas e nenos participaron en distintas activades para demostrar a súa disposicón. En xeral poidemos observar que aínda que as nenas siguen tendo máis disposición para as tarefas relacionadas co fogar e co coidado de persoas, os nenos cada vez se implican máis e xa non o ven como unha cousa "de nenas".
Moitas gracias a todas e todos por participara e ata o ano que ven que volveremos.
O mércores tamén remataron as actividades nos Tilos.
Do mesmo xeito tamén remataron os obradoiros de autoestima que se viñan levando a cabo co alumnado de 5 de primaria tanto en Calo coma nos Tilos


O xoves 11 de marzo tivemos unha escola de nais e pais. O tema que se traballou foi a educación en igualdade. O obxectivo principal é facer conscientes aos pais e as nais da importancia que teñen á hora de educar a persoas igualitarias, non poden deixar estar tarefa aos centros educativos ou pensar que a súa labor é inutil. E unha das máis importantes xa que dende que nacemos os nosos proxenitores son os nosos referentes e o van a seguir sendo ao longo da nosa vida.
Aínda que faltaron asistentes masculinos a sesión foi moi interesante e productiva. Moitas gracias a todas por vir.

lunes, 8 de marzo de 2010

Modifícanse as datas do obradoiro de xestión telemática que se ían a levar a cabo na aula de informática dende o 8 ata o 10 de marzo.
O horario novo será os días 25,26 e 29 de marzo de 10:00 a 11:00 na aula de informática do Concello.

martes, 2 de marzo de 2010


Esta semana comezaron na Aula de informática do Concello as actividades en relación ao 8 de marzo.
O primeiro curso é de iniciación a Word e comezou onte.

lunes, 1 de marzo de 2010




No colexio de Calo estamos a levar a cabo os obradoiros de igualdade co alumnado de 4º de primaria. A vindeira semana conmemoraremos o 8 de marzo, o día da muller

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas