jueves, 26 de marzo de 2009



Xa se publicou no DOGA nº57 do 24 de marzo a resolución que regula as bases para a concesión de axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero, o chamado "salario da liberdade".

A finalidade desta axuda é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para lles garantir unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación na que corren perigo.

As mulleres que acrediten a condición de vítima de violencia de xénero poderán optar a cobrar unha axuda que poderá ser de ata 600 euros durante un máximo de 12 mensualidades.

Para máis información podedes acodir ó CIM


O pasado 17 de marzo aprobouse o pagamento das indemnizacións, de pagamento único, a favor das mulleres qeu sofren violencia de xénero e/ou dos e das menores ou persoas dependentes afectadas por esta.
A finalidade destas axudas é evitar situacións de precariedade económica das vítimas de violencia de xénero que teñan concedida unha indemnización por sentenza xudicial, que lles corresponda polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da dita violencia, e que non a esten a percibir pola insolvencia da persoa obrigada a pagarlla.
As mulleres que poden solicitar esta axuda deberán cumprir unha serie de requisitos que aparecen publicados no DOGA nº 52 do luns 16 de marzo de 2009.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de outubro de 2009

miércoles, 18 de marzo de 2009

Déixovos o novo vídeo que a Fundación Mulleres lanzou para sensibilizar contra a violencia de xénero.

jueves, 12 de marzo de 2009



Por problemas na organización desta actividade, aínda non empezamos o curso, polo tanto se estás interesada chama o CIM e anótate.

¡Anímate!

miércoles, 11 de marzo de 2009


O Instituto Vasco da Muller, Emakunde, para conmemorar o 8 de marzo, fixo unha campaña co lema " Mulleres en folga" que pretende incidir no que sucedería en tódalas casas se as mulleres deixaran de facer as labores domésticas.
A directora de Emakunde apuntou que só o 8% das mulleres recoñece que é o home o encargado de coidar aos fillos e fillas e que o 90% das mulleres se encargan da ropa, o 85% da limpeza do fogar e o 82% da preparación da comida, sendo as únicas funcións, dentro da producción doméstica onde a proporción do home é maior o mantenemento con un 86% e a xestión cun 58%.
A directora di que estos non son datos reais xa que non se diferencia entre tareas e responsabilidades, cando esto último é un traballo continuado de 24 horas que crea máis preocupación, máis problemas e máis estrés.
¿Que pensades vos que ocurría se nos puséramos en folga? ¿que dirían os nosos fillos e fillas? ¿que pensaría a nosa familia? Animádevos e escribide.



O periódico do Vaticano, publicou este pasado fin de semana no l'Osservatore Romano, o periódico semioficial do Vaticano, un artígo para conmemorar o Día Internacional da Muller. Este periódico dí que é posible que a lavadora tiña feito máis pola liberación da muller no século XX que a píldora ou o dereito ao traballo.

O texto, escrito por unha muller pregúntase: "¿ Que foi o que fixo máis para a liberación da muller occidental no século XX?"

"O debate está caldeado. Algúns din que a píldora, algúns que o aborto e algún que o dereito a traballar fora da casa. Outros osan ir máis alá: a lavadora".

Despois repasa a historia da lavadora, comezado con un modelo rudimentario de 1767 en Alemania e terminando cas lavanderías de hoxe en día onde a muller pode tomar un café cas súas amigas mentras que o tambor da voltas.

Podedes opinar o que vos parece.

Un saúdo

martes, 3 de marzo de 2009


Onte inagurouse na Mediateca do Grilo a exposición "Mulleres Pioneiras". Dita exposición estará exposta ata o vindeiro 13 de marzo.

A Ministra de Igualdade Bibiana Aído presentou as 5 curtometraxes gañadoras sobre violencia de xénero no concurso - é +, cine para ser a voz de quenes calan. No proxecto participaron profesionais do cine, profesorado e alumnado de ESO ,bacharelato e formación profesional. Entre as persoas gañadoras destaca unha galega de 17 anos de Ourense. Os videos irémolos colgando nas vindeiras semanas. Hoxe comenzamos polo video de Marta Blanco que acadou o terceiro premio


domingo, 1 de marzo de 2009



Hoxe comenzan en Teo os actos conmemorativos do 8 de marzo. As actividades previstas son as seguintes:

- Lúns día 2 ás 20:30 na mediateca do grilo: presentación da exposición mulleres pioneiras. A exposición estará aberta ata o venres 13 de marzo.

- Martes 3: Comenza na aula de informática do Concello un curso de iniciación a internet "mulleres e Tics" e un obradoiro de correo electrónico para mulleres.

- Xoves 4: Inicio do curso de educación para a saúde na casa común de Raris, totalmente gratuíto e cunha duración de 20 horas.

- Lúns e martes: Nos colexios de educación primaria do Concello faránse actividades de sensibilización co alumnado de 2 de educación primaria.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas