jueves, 28 de mayo de 2009



A partir do 1 de xaneiro de 2011 o permiso de paternidade ampliarase desde os 15 días ata as catro semanas. A lei de igualdade aprobada en marzo de 2007 contempla un permiso de 15 días para o pai que pode coller durante a baixa de maternidade de 16 semanas ou inmediatamente despois.

Con esta medida o que se pretende é mellorar a corresponsabilidade no coidado das fillas e fillos entre homes e mulleres.

miércoles, 20 de mayo de 2009



Xa está na web de Sanidade un test para detectar o maltrato ás mulleres no ámbito sanitario. Está demostrado que as mulleres que sofren violencia acoden máis os servicios de atención primaria que as que non son maltratadas.

O teste cúbrese en 5 minutos e son frases cas que están de acordo ou non do 1 ao 5.

jueves, 14 de mayo de 2009



En Italia, os homes que alegen que mataron ás súas mulleres por celos terán condeas menos duras. O tribunal italiano mantén que os celos non son de todo "ilícitos". A concepción da muller como un ser creado para o pracer do home, que nos casos máis graves conduce ao maltrato e a morte segue a estar moi arraigada na cultura italiana. Cando unha muller é asasinada pola súa parella os medios de comunicación suelen falar de acto de loucura, celos, demasiado amor... O movemento do Goberno aprobou un decreto que prevé a prisión de por vida para o asasino que antes violara á muller.

Para combater o machismo hai que facelo de raíz e iso é dificil nun país onde o propio primer ministro aparecía nun vídeo no que se acercaba a unha asesora gubernamental e lle preguntaba se podía "palparlla un pouco".

miércoles, 6 de mayo de 2009



Dunha entrevista feita ó fiscal do xulgado de violencia sobre a muller de Marbella podemos destacar o seguinte: A importancia que ten o testimuño dos menores que conviven cas mulleres maltratadas que aínda que en moitos casos non sofren a violencia directamente, sí son víctimas da situación, que vai a repercutir negativamente no seu desenrolo. Os nenos e nenas máis pequenos son moi claros á hora de expoñer as situacións, pero xa a partir de 12 ou 13 anos toman partido por un dos seus proxenitores e temos que examinar o concepto qeu teñen do seu pai e da súa nai para que a súa testemuña sexa pura. Aclara que cada vez os maltratadores son máis xóvenes, atopámonos con xovenes de 18 e 19 anos que non lle teñen respeto a vida allea e non teñen sentimentos de culpabilidade. Mantén que o problema tense que tratar dende a educación, aínda que todas as medidas que se toman a nivel legal sexan necesarias, pero si dende pequenos non se fai unha política en igualdade e en valores, non conseguiremos nada. As denuncias falsas di que existen pero nunha porcentaxe moi baixa, o que ven a demostrar o que cada vez se di máis, que cando unha muller denuncia unha situación de malos tratos, casi sempre é certa. Por último tamén destaca que na actualidade aínda que se pense que a sociedade está moi receptiva a estes casos e se implique na súa denuncia non é certo, aínda son poucos os casos de veciños e veciñas que denuncien a posible existencia de estes casos.

lunes, 4 de mayo de 2009



O vindeiro mes de xuño vai a ter lugar no Concello de Teo un curso de habilidades prelaborais e busca activa de emprego.

Na actualidade atopar un traballo é cada vez máis dificil e polo tanto témonos que preparar máis.

O curso terá lugar os xoves e os venres dende o 4 ata o 18 de xuño, en horario de 16:00 a 20:00, cun total de 20 horas. O curso é de balde.

Chamade o CIM de Teo para máis información ó teléfono 981809707

domingo, 3 de mayo de 2009



Dende a entidade de Fundación Mujeres, se vai a levar a cabo o curso de atención á clientela. A modalidade do curso é on-line e de balde e desenvolverase dende o 4 de maio ata o 4 de xuño. Os temas a tratar son os seguintes: conceptos básicos,características e calidade na atención á clientela, aspectos básicos na prestación de servicios que inflúen no proceso de interacción coa clientela, habilidades de comunicación, comunicación verbal e non verbal, venda persoal e atención á clientela, tratamento das reclamacións da clientela.

Para inscribirse no curso tendes que mandar un correo electrónico de confirmación a seguinte dirección: asesoria@fundacionmujeres.es. No correo teredes que poñer o voso nome e apelidos, dirección, teléfono, correo electrónico, o nome da vosa empresa e a actividade a que vos dedicades.

Animádevos!!!!!!!!!!!

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas