lunes, 30 de mayo de 2011



No DOG de hoxe publícanse as ordes polas que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto e materias curriculares nos centros sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2011-2012 para a educación primaria e secundaria e educación especial.



Igualdade destina 200000€ para consolidar o movemento asociativo de mulleres de Galicia.


As axudas teñen como finalidade afianzar e consolidar o movementos asociativo de mulleres, por ser un elemento imprescindible na promoción da igualdade de oportunidades, establecendo unha liña de apoio ao seu mantemento e funcionamento e outra á promoción de hábitos saudables para as mulleres.

A contía máxima por por entidade é de 6000 euros e as interesadas poderán solicitar as axudas nos departamentos territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ata o próximo 1 de xullo.

martes, 24 de mayo de 2011



Policía inculpa por agresión sexual al director del FMI.



Strauss-Khan de 62 anos foi inculpado de agresión sexual, retención ilegal e intento de violación dunha muller de 32 anos nunha habitación dun hotel de Nova York, e pódelle caer unha pena máxima de 20 anos.

lunes, 23 de mayo de 2011



No DOG de hoxe saén publicadas as bases e se convocan as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

A data de finalización da presentación de solucitudes remata o vindeiro 24 de xuño.

miércoles, 18 de mayo de 2011

O PLAN REDING
É unha proposta da Comisión Europea que busca garantir a protección das víctimas de todo tipo de violencia nos países da Unión Europea. As víctimas terán un certificado acreditativo que a persoa deberá traducir á lingua do país ao que van viaxar (primeiro dos inconvintes). Outro dos inconvintes que presenta o borrador deste plan é que a persoa que reciba este certificado deberá contactar coas autoridades do país onde vai a viaxar; non será unha comunicación oficial, senón da persoa a protexer con cada unha das xurisdiccións. E por último o Estado de destino da víctima, estará obrigado a informar ao agresor de datos que presumiblemente a víctima non lle querería revelar.
Na xustiza española, cando existe orde de afastamento, o xuíz pode determinar que os datos da nova dirección da víctima, permanezan ocultos.



No DOG de hoxe saíron publicadas ás axudas á conciliación da vida familiar e laboral para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.

O período subvencionable é entre o 1 de setembro de 2011 ata o 30 de abril de 2011.

As axudas son para homes que traballen por conta allea (con parellas que tamén traballen durante o período) ou ben para familias monoparentais que traballen por conta allea.

As cuantías das axudas dependerán da porcentaxe da xornada laboral reducida e da duración en meses, sendo o máximo 8 meses e o mínimo de 60 días naturais ininterrompidos.

Para máis información acodide ao CIM de Teo. O prazo de solicitudes rematará o vindeiro 18 de xuño.

lunes, 16 de mayo de 2011



O vindeiro lúns comenza o obradoiro de risoterapia. O obradoiro desenvolverase o 23,24 e 25 de maio de 17:30 a 19:30, na casa común dos Tilos.

A inscripción é gratuita e farase no CIM de Teo.

É aberto a toda persoa interesada

Animádevos!!!

miércoles, 11 de mayo de 2011



Unha avoa que tiña a tutela da súa neta logra a baixa maternal.


O Real Decreto 295/2009 permite aos e ás tutoras disfrutar deste permiso se son familiares sen dereito a adoptar.

Este decreto pode valer para tíos, tías ,avós e avoas en casos similiares, e non se limita ao permiso maternal, senón que pode incluir a reducción de xornada.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas