A Consellería de traballo ven de publicar no DOGA do 15 de xaneiro a orde do 30 de decemrbo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres como medida para lograr un mercado de traballo igualitario, cofinanciada polo fondo Social Europeo.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas, calquera que sexa a sorma xurídica que adopte, incluídos autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten por conta allea traballadoras pertencentes aos distintos colectivos que aparecen na orde.
As solicitudes e os anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo: http://traballo.xunta.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario