martes, 24 de noviembre de 2009

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

TEO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


A Ministra de Igualdade, Bibiana Aído advirte que o 30% das víctimas de violencia machista teñen menos de 30 anos. Fala do risco das "relacións toxicas" aquelas que comenzan con "pequenos detalles" como avasallar ao outro con mensaxes ao móvil ou humillarle en público e que son "a semilla da violencia de género".
Os xóvenes están "chamados a acabar cos estereotipos", teñen o "poder de facer dos cuidados unha responsabilidade compartida" e son quenes "poden facer realidade que as mulleres vivan sen medo" aínda que "a maioría cree que é un problema de xente maior e non o identifican".
Neste momento, 234 maltratadores levan unha pulseira electrónica na súa moneca. Gracias a estos dispositivos de seguimento, as autoridades son capaces de detectar cando algun de eles infrinxe unha orde de afastamento. Se un maltratador infrinxe unha orde de afastamento, as alarmas saltan na terminal de emerxencias.Gracias ao XPS do teléfono, saben o punto exacto onde se atopa a víctima.
Durante a próxima presidencia Española da Unión Europea, o Goberno pretende ampliar o 016 ao resto dos países comunitarios. Unha línea que en España xa axudou no que vai de ano a máis de 50.000 mulleres

Nesta semana celébrase o día internacional da eliminaicón da violencia contra a muller. No Concello de teo a Concellaría de educación, igualdade e benestar, xunto con CIM e a Concellaría de cultura organizarán unha serie de actos conmemorativos que son:
- Lúnes 23 no colexio da Ramallosa levarase a cabo unha representación que leva por título "mulleres científicas" dirixida ó alumnado de 1 e 2 de primaria. Haberá duas representacións, unha as 11 da mañá para o alumnado dos Tilos e de Calo e outra as 12:30 para o alumnado da Ramallosa. Ca representación o que se pretende é visibilizar o papel da muller na ciencia, un mundo do que sempre estuvo apartada. As nosas novas xeracións teñen que coñecer que tamén houbo mulleres cun papel moi importante no avance da sociedade.
- Marte 24: Na mediateca terá lugar unha charla que leva por título "Teo contra a violencia de Xénero" no que se falará do material audiovisual co que contamos para traballar tanto coa poboación en xeral coma cos diferentes colectivos que teñen un papel destacado na loita contra a violencia de xénero coma son: educación, sanidade e policía. Pola mañá terá lugar un obradoiro no IES para traballar este material co alumnado de 4º da ESO.
- Sábado 28: Terá lugar un recital poético musical e plástico na mediateca do grilo a cargo do grupo Oriol. Será as 21:00 horas e é aberto a toda a poboación.

Estas actividades se realizan de forma puntual para a conmemoración desta data tan importante, pero dende o CIM e a Concellaría de igualdade estase a traballar durante todo o ano para contribuir a que homes e mulleres vivan nunha sociedade máis xusta e igualitaria.

martes, 17 de noviembre de 2009

Dende o 16 de novembro xa está en activo o servicio de asesoría xurídica. A nova avogada atenderá no seguinte horario previa cita:
- Lúns, mércores: de 8:00 a 14:00
- Xoves: de 15:00 a 21:00

O servicio é previa cita que se pedirá no CIM de Teo.

viernes, 6 de noviembre de 2009


Co motivo do 25 de novembro, dende o CIM imos a levar a cabo unha campaña de sensibilización e queremos dar a coñecer a lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Para elo temos un blog http://leigalegavg.blogspot.com/ onde vos propoñemos un test para comprobar os vosos coñecementos sobre a lei.
Entre as persoas que manden as respostas correctas faremos un sorteo dunha cesta con productos de baño.
O prazo rematará o vindeiro 24 de novembro.
Animádevos a comprobar os vosos coñecementos!!!!!!!

jueves, 5 de noviembre de 2009



O vindeiro venres 13 de novembro vamos a levar a cabo un obradoiro de habilidades sociais.

Os obxectivos son os seguintes:

- Fomento da autoestima

- Axudar a desinhibición

- Fomentar a comunicación como medio para achegarse a os demais

-Dar as pautas para a utilización do linguaxe como insturmento de relación social

-Dotar de ferramentas para o uso óptimo da comunicación

O obradoiro vaise a levar a cabo na antigua aula de informática e o horario é de 9:00 a 13:00. A actividade é de balde e para anotarse teredes que facelo no CIM.



O vindeiro luns e martes, 9 e 10 de novembro vamos a levar a cabo un novo obradoiro de autoestima. Na actividade que se fixo o venres pasado, as mulleres que asistiron saíron moi satisfeitas da actividade. O horario será de 9:00 a 14:00 e o lugar será na antigua aula de informática.

Este obradoiro pretende ser un pouco máis extenso para que se poidan abarcas máis temas.

Se tendes interese en acodir, llamade ó CIM o pasade polo Concello para anotarvos, é totalmente gratuita.



Hoxe rematou o obradoiro de habilidades prelaborais e búsqueda activa de emprego. Con este curso o que se pretendía era desenvolver e adquirir habilidades e recursos que permitan superar as barreiras actuais na búsqueda de emprego ante a crise económica, autoreflexionar acerca das expectativas profesionais de cada unha e capacitalas para a elaboración do propio currículo e cartas de presentación.

martes, 3 de noviembre de 2009

OUTONO NAS TERMAS É un progra cofinanciado nun 50% pola Secretaría Xeral para o Turismo e a Secretaría Xeral da Igaulade dirixido a mulleres da comunidade autónoma de Galicia coa finalidade de promover a participación das diferetnes asociacións de mulleres en estadías en balnearios galegos durante o mes de novembro.
Poden acceder a este programa as mulleres que participan nalgunha asociación de mulleres de Galicia.
O programa vaise a levar a cabo durante o mes de novembro e nel colaboran 7 hoteis balneario de Galicia e consta de dous días de estadía en réxime de media pensión e tratamentos termais específicos.
Máis información no teléfono 981545351 ou na páxina outononastermas@xunta.es


O vindeiro 9 e 10 de novembro dende o CIM imos a levar a cabo un obradoiro de autoestima para mulleres.
O horario será de 9:00 a 14:00 na antigua aula de informática. Para anotarse a este obradoiro que é totalmente gratuíto, tes que facelo no CIM.


O pasado mércores 28 de outubro rematou o curso de atención a persoas dependentes que se levou a cabo no Concello de Teo.
As mulleres que o fixeron tiveron unha formación teórica de 200 horas; a parte práctica a fixeron en diferentes residencias do Concello, que foron: Os Arcánxeles, San Simón, Puente Vea e os Castros, que colaboraron de forma altruista.
A nosa máis sincera noraboa a estas mulleres e esperemos que a formación acadada lles sexa útil para os seus intereses.

martes, 20 de octubre de 2009



O vindeiro 2 de novembro comeza no Concello de Teo un curso de habilidades prelaborais e busca activa de emprego. Está dirixido ás mulleres de Teo maiores de 16 anos e o que se pretende e dotalas das ferramentas axeitadas para facer unha búsqueda de emprego o máis efectiva posible.

O curso durará 20 horas en horario de 9:00 a 14:00 os días 2,3,4 e 5 de novembro e levarase a cabo na antigua aula de informática do Concello.

Para anotarse teredes que pasar polo CIM. É de balde.

Animádevos!!!

lunes, 19 de octubre de 2009



O vindeiro venres 30 de outubro terá lugar no Concello de Teo un Obradoiro de desenvolvemento persoal (autoestima). O obradoiro está dirixido ás mulleres do concello.

O horario do mesmo será de 16:30 a 20:30 na antigua aula de informática e para anotarse terás que chamar ao CIM ou pasarte directamente para anotarte.

A actividade é de balde.

Os obxectivos que se pretenden son:

- Descubrir as nosas fortalezas e aspectos positivos

- Saber recoñecer as nosas limitacións

- Análises das nosas posibilidades e reforzamento das mesmas

- Fomentar a autoestima

-Coñecemento da nosa personalidade

Animádevos xa que logo faremos un obradoiro máis longo para poder seguir traballando estos aspectos.

domingo, 4 de octubre de 2009



O vindeiro 30 de outubro terá lugar no Concello de Teo un obradoiro de Autoestima dirixido a todalas mulleres do Concello. O horario será de 16:30 a 20:30; é de balde.

Os obxetivos do obradoiro son os seguintes:

- Descubrir as nosas fortalezas e aspectos positivos

- Saber recoñecer as nosas limitacións.

- Análises das nosas posibilidades e reforzametneo das mesmas.

- Fomentar a autoestima.

- Coñecemento da nosa personalidade

Se estás interesada chama ó CIM, ao teléfono do Concello (981809707) ou ben pásate polo CIM para anotarte directamente.

viernes, 2 de octubre de 2009



O pasado mércores 30 de setembro, as alumnas que están a realizar o curso de "atención a persoas dependentes" que se está a levar a cabo no Concello de Teo e que está subvencionado polo Servicio Galego de Igualdade e polo Fondo Social Europeo, foron a facer unha visita á residencia "Os Arcánxeles" que se atopa ubicada en Cacheiras.

Na visita, que durou dúas horas, o persoal do centro e a directora do mesmo, mostráronlle o xeito de traballar cas persoas que alí se atopan. Recorreron as instalacións acompañadas por unha enfermeira e unha traballadora social que lles amosaban a súa área de traballo.

O curso que están facendo capacítalles para poder traballar nestas residencias e polo tanto é necesario que coñezcan como se leva a cabo o traballo.

Moitas gracias a residencia "Os Arcánxeles"pola súa colaboración altruista con nós.

miércoles, 30 de septiembre de 2009


As familias monoparentais catalanas disporán a partir do 15 de novembro dun carné específico, pioneiro en España, que lles otorgará as mesmas ventaxas que teñen as familias numerosas, como descontos en compras nalgúns establecementos ou a prioridade á hora de entrar en escolas e institutos.
Este título, do que se editará un colectivo e outro individual para cada un dos miembros da familia, poderán solicitalo nais ou pais solteiros, viuvos ou viuvas, e divorciados ou separados con nenos que non perciban ninguhna pensión complementaria e cun nivel baixo de renta. Ademáis, se consideran tamén familias monoparentais aquelas formadas por un neno e unha persoa que padeceu a violencia machista, foi abandonada, ou permaneceu durante un ano ou máis en prisión ou nun hospital. Para poder manter o título de familias numerosas, os fillos e fillas integrantes das mesmas deben ter menos de 21 anos, aínda que poden llegar aos 25 se estudian. No caso de que un dos fillos ou fillas teña algunha discapacidade, non existe este límite de tempo.
Entre outras ventaxas económicas, o carné permitirá co tempo a estas familias, según explicou onte Capdevila, poder realizar compras con desconto nuns 600 establecimientos de todo tipo e á hora de acceder a un piso de protección oficial, neste último caso sempre que se cumplan os requisitos económicos.

viernes, 25 de septiembre de 2009


En Gaza 450 nenas menores de 10 anos se casaron con homes do dobre da súa idade, nun evento de gala organizado por Hamas, a tarde do xoves.
O evento sinalado por moitos como “pedófilo”, proven do profeta Mahoma, quien se casóu coa filla do seu mellor amigo, Aisha, quen nese entonces solo era una cativa de catro anos e él de 50 anos.
“Un home pode ter placer sexual dunha nena tan xoven coma un bebé. Nembargantes, non debe penetrala; sodomizar a unha nena está ben. Se un home penetra e dana a unha nena, entonces debe ser responsable pola súa subsistencia toda a súa vida. Esta nenaa, nembargantes, non conta coma unha das súas catro mulleres permanentes. O home non terá dereito a casarse coa irmá da nena… É mellor para unha nena casarse nunha época na que comenzará a menstruar na casa do seu home, mellor que na casa do seu pai. Un pai que case a súa filla tan xoven, terá un lugar permanente no ceo”, di Ayatollah Khomeini.
Estimase que o 29% desas nenas desposadas son golpeadas regularmente e abusadas polos seus homes en Exipto; 26% sofren un abuso similar en Jordania.
O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF), sinala que cada ano tres millóns de nenas musulmanas son obxeto de mutilación xenital.

viernes, 18 de septiembre de 2009



En pleno século XXI aínda son noticia estas situacións.

Unha muller e o seu compañeiro foron condenados a ser azotados por un tribunal islámico de Malasia por «conducta inmoral», despois de que a parella fora sorprendida cando pretendía ter relacións sexuais no coche.

A parella, él de 29 anos e ela de 24, foi condenada a recibir seis latigazos e a pagar unha multa de 2.800 dólares no xuicio celebrado o pasado mércores no Estado de Selangor, na rexión central do país.

Malasia é un país cunha sociedade multiracial na que a comunidade musulmana representa cerca do sesenta por cento dos seus 27 milloós de habitantes.

miércoles, 16 de septiembre de 2009



Onte publicouse a oferta pública para a contratación dun asesor uo asesora xurídica para o CIM. Dende o mes de maio Paula esta en excedencia polo seu posto no Parlamente Galego e non tíñamos ninguha persoa no seu posto.

Hai 10 días dende hoxe para presentar os currículums, as persoas que se presenten deberán ter experiencia ou formación en temas de igualdade.

martes, 15 de septiembre de 2009


España propondrá durante a Presidencia europea da UE, no primeiro semestre de 2010, crear un Observatorio Europeo contra a Violencia de Xénero, anuncióu onte a ministra de Igualdade, Bibiana Aído, no marco da presentación da primera campaña iberoamericana contra a violencia machista.
Personas anónimas e personaxes famosos participaron na elaboración dos spots publicitarios da campaña dirigida aos xóvenes dos 21 países que compoñen Iberoamérica contra a violencia machista baixo o citado lema "De todos los hombres que haya en mi vida, ninguno será más que yo/De todas las mujeres que hay en mi vida ninguna será menos que yo".
A campaña ten un sitio en Internet (www.maltratozero.com) dirixido aos usuarios os 21 países, dispoñible en castellano e en portugués, que contará cunha sección informativa. Ademáis se serigrafiaron camisetas co lema da campaña .

jueves, 3 de septiembre de 2009


O CIM vai a levar a cabo o vindeiro mes de outubro un obradoiro de autoestima e outro de habilidades sociais. O obxectivo é mellorar as nosas capacidades de relación e coñecernos mellor a nos mesmas.
O horario aínda está por determinar pero si tendes algunha dúbida podedes chamarnos.
Os obradoiros están orientados todas as mulleres do Concello de Teo maiores de idade.



No DOGA do 19 de agosto saleu publicada a resolución pola que se anuncia a convocatoria pública para a selección de 17 empresas para participar no programa de asesoramento e acompañamento individualizado detnro do programa Consolida de informaicón e asesoramente ás mulleres emprendedoras de Galicia.

No obxectivo final de acadar o compromiso de eliminar a discriminación entre mulleres e homes e traballar na promoción da igualdade no ámbito laboral e formativo, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da muller convén en dar un apoio económico ao emprendemento por parte das mulleres e da formación xeral e específica que lles permita acceder ao emprendemento en igualdade de condicións ca os homes, poñer en marcha un servizo específico de información e asesoramento que poña ás emprendedoras galegas en contacto tanto cos recursos xerais coma cos específicos e que teña, pola súa vez, unha especilización nas circunstancias e requirimentos do emprendemento feminino.

Nesta convocatoria se pretende seleccionar a 17 empresas para participar no programa de titorización. Poden presentar as solicitudes as empresarias autónomas e empresas formadas unicamente por mulleres, constituídas baixo calquera tipo de sociedade, incluídas as sociedades unipersoais e as empresas participadas maioritariamente por mulleres.

O prazo de presentación remata o vindeiro 20 se setembro.

martes, 1 de septiembre de 2009



No DOGA do 14 de agosto publicáronse as bases reguladoras que rexerán as subvencións para o apoio ao emprendemento feminino (programa Emega). O seu obxetivo é apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral a través das seguintes áreas de actuación:

- Area de actuación I: á posta en marcah de iniciativas empresariais por mulleres.

-Area de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresarias liderados por mulleres.

O inicio da actividade empresarial ten que estar entre o 1 de marzo de 2008 e a data de finalización de solicitudes.

O prazo de presentación da documentación remata o vindeiro 15 de setembro

jueves, 27 de agosto de 2009



Aínda quedan dúas prazas para o curso que comenzará o vindeiro 2 de setembro. O horario será de 9:00 a 14:00 na antigua aula de informática do Concello.

Para anotarse pasade polo CIM.

Animádevos!!

viernes, 24 de julio de 2009

No mes de marzo presentouse este vídeo de denuncia contra a violencia de xénero.

Baixo o lema Nos duele a todas. Nos duele a todos, a ministra e o delegado contra a Violencia de Xénero fan a súa aparición nun videoclip para o que o artista extremeño, ex componente de Sugarless, contóu tamén coa participación da xuiza especializada en casos de violencia de xénero María Tardón. O videoclip contadou coa colaboración da Fundación Mujeres.

Hai unha segunda versión na que a participación das persoas famosas é maior.

lunes, 20 de julio de 2009

CURSO DE ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES
O vindeiro xoves as 10:00 no Concello de Teo, terá lugar a selección das mulleres que desexen facer o dito curso. O curso que é totalmente gratuíto e homologado, terá unha duración de 200 horas; será en horario de mañá e comenzará o 1 de setembro.
Se estas interesada presentaté o xoves as 10:00 no Concello.
Na nosa sociedade cada vez son máis as persoas maiores que viven soas e que necesitan atención. Por isto a formación neste ámbito é imprescindible para poder acceder ao amplio campo de traballo que se nos presenta. Tradicionalmente son as mulleres as que se encargan de facer estes traballos nas casas ¿por que non formarse e poder dedicarse profesionalmente?. Temos que dignificar o noso traballo.
Animádevos!!!

miércoles, 15 de julio de 2009



No DOGA de hoxe se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. O obxetivo desta axuda é facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo de ocio. As estadías serán de 8 días (7 noites) en réxime de pensión completa, preferentemente entre o 20 de agosto e o 10 de setembro.

Os requisitos para poder solicitar esta axuda son:

-Ter fillos/as en idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos

-Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma Galega

-Dispoñer dunha renda que dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (624€)

- Non padecer nin ela nin os seus fillos/as unha enfermidade que requira illamento e/ou impida a normal convivencia.

O prazo para presentar a documentación remata o vindeiro 26 de xullo.

Para máis información podedes acodir o CIM ou a servizos sociais.

martes, 14 de julio de 2009


Un grupo de mulleres sudanesas foron condeadas na capital de Sudán, Jartúm, a penas de ata 40 latigazos por levar pantalóns, según informó á cadena BBC Lubna Ahmed al Husein, reportera sudanesa e unha das mulleres arrestadas.Husein denuncia ter sido detida xunto a outras 12 mulleres nun céntrico restaurante de Jartúm. Varias entre as detidas declararonse culpables e recibiron así dez latigazos.Husein, en cambio, negouse a admitir a súa culpabilidade, exiseu falar con un avogado, e se enfrenta agora a ata 40 latigazos, a pena ordinaria por vestirse de xeito "indecente" según a interpretación da sharia vixente en Jartúm.
Varias das detidas proceden do sur do país, maioritariamente animista e cristian, onde non encontra aplicación a ley islámica. En teoría, os cidadáns sudaneses non musulmanes non están sometidos á sharia en todo o territorio do país."Eu levaba uns pantalóns e unha blusa, o igual que as outras chicas", dixo á BBC Husein, que escribe unha columna semanal publicada en medios sudaneses e que traballa para Nacións Unidas no país africano.

jueves, 9 de julio de 2009


08.07.09 A ministra de igualdade, Bibiana Aído presentou o sistema de seguimento por medios telemáticos do cumplimento das medidas de alonxamento en materia de violencia de xénero.

Van a por en marcha 3000 dispositivos (9000 terminais, xa que cada inculpado levará dous dispositivos e a vítima un). A súa implantación será a partir do 24 de xullo e permitirá mellorar a protección e a seguridade das vítimas, así como un maior control sobre as medidas de alonxamento impostas aos agresores.

A mellora do contexto de seguirdade por medio deste sistema busca facer efectivo o dereito da vítima á súa seguridade, documentar o posible quebrantamento da medida de alonxamento e disuadir ao agresor

miércoles, 8 de julio de 2009



Nestes días veúnos concedida unha subvención, cofinanciada polo Servizo Galego de Igualdade e polo Fondo Social Europeo, ao Concello de Teo para levar a cabo o curso de Atención a persoas dependentes.

O curso terá unha duración de 200 horas e será totalmente gratuíto. As destinatarias serán mulleres residentes en Galicia maiores de idade ou emancipadas.

O curso comenzará o 1 de setembro e rematará o 27 de outubro en horario de 9:00 a 14:00. Para máis información podedes chamar o CIM do Concello de Teo ó teléfono 981 809707 e preguntar por Chelo

martes, 7 de julio de 2009


O delegado do Goberno para a Violencia de Xénero, Miguel Lorente, considerou hoxe un "error xudicial" a sentencia que condena por violencia de xénero a unha mujer por agredir a súa muller, xa que este tipo de violencia é, por definición, a que exerce o hombre cara áa muller.
Lorente señalou que a sentencia inclue "unha confusión continua" entre violencia doméstica e violencia de xénero.
Ao su xuicio, "sorprende" que unha persona que confunde violencia doméstica e violencia de xénero dicte un fallo "baseado nesa confusión", pero "esto non significa que se deba cuestionar todo o sistema" elaborado trala aprobación da Lei Integral contra a Violencia de Xénero.
Lorente reconoceu que se debe mellorar a asistencia e os recursos para afrontar novas situacións como os matrimonios homosexuais e señalou que así o puso de manifesto nunha recente reunión coa Federación Española de Gais, Lesbianas e Transexuais (FELGT).

jueves, 2 de julio de 2009



A ministra de igualdade, Bibiana Aído afirma que unha das prioridades da presidencia española europea será a loita contra a violencia de xénero.

Unha das propostas é a creación dun observatorio europeo contra a violencia de xénero; este serviría para poder ter indicadores comúns e medir este problema con parámetros claros a nivel europeo.

É importante que teñamos un diagnóstico común do problema a nivel europeo para poder plantear solucións comúns.

A ministra afirmou que para salir desta crisis económica é imprescindible contar con todo o potencial de homes e mulleres: "as mulleres somos máis da metade da poboación, e se non temos recoñecidos plenamente os nosos dereitos de cidadanía, todo o seu potencial, todas as súas capacidades, se non está libre de violencia, está claro que a sociedade no seu conxunto estará mermada, rendirá a metade do posible.


Na colonia menonita de Manitoba no este de Bolivia, a lo menos un centenar de mulleres e adolescentes e nenas foron violadas por xóvenes da localidade.
Os menonitas son relixiosos conservadores que rexeitan calquera indicio de modernidade na súa vida, viaxan en carretas tiradas por cabalos, sin rodas de goma, xeran a enerxía que utilizan con métodos sostibles e teñen prohibido ter unha carretera asfaltada preto da súa comunidade.
Nos últimos tempos moitas nenas amanecían desnudas e notaban feitos extranos, pero non se atrevían a contarllo aos seus pais.
Para moitas das nenas que foron violadas, esta será unha mancha imborrable na súa vida porque as menonitas deben chegar vírxenes ó matrimonio, e deste xeito os mozos non querrán casarse con elas.

miércoles, 1 de julio de 2009


El mundo.es
La mayoría de jóvenes españolas renunciaría a su trabajo por la familia
Según un estudio realizado por la Fundación Mujer, Familia y Trabajo, casi el 70% de los jóvenes pospondría ser padre/madre por necesidades laborales. La mayoría de las jóvenes encuestadas considera que la maternidad afectaría de alguna manera a su futuro laboral.
La flexibilidad de horario sería para las universitarias españolas el principal criterio de elección a la hora de aceptar un trabajo. Por el contrario, la remuneración económica sería el aspecto más valorado por sus compañeros varones.
Más de la mitad de los jóvenes renunciaría a un trabajo si éste no le permitiese pasar tiempo con su familia o atender una relación, pero el estudio refleja que son más las mujeres que lo harían en comparación con los hombres.
El estudio ha sido realizado a 1.040 estudiantes de centros de la Comunidad de Madrid. La edad media de los encuestados, provenientes de diferentes titulaciones (ADE, derecho y economía), es de 22 años.
Los datos obtenidos demuestran que los patrones sociales de familia/trabajo apenas han cambiado en los últimos años, a pesar de los logros obtenidos por la mujer en materia de igualdad; ellas siguen anteponiendo su familia y vida personal al trabajo, mientras que los hombres no renunciarían a una vida laboral brillante por atender a las necesidades familiares.
Las conclusiones de este estudio se desarrollarán en el III Congreso Anual organizado por la Fundación Mujer, Familia y Trabajo, que tendrá lugar los próximos días 8 y 9 de junio en Madrid en el Auditorio Rafael del Pino. Durante estas jornadas, diversos expertos debatirán en materia de igualdad, entre ellos la periodista y psicóloga Irene Villa



Se queredes que as vosas fillas e fillos pasen un rato agradable e o mesmo tempo se educan na igualdade de oportunidades, podedes clicar na seginte dirección: http://www.portuigualdad.info/juegos_portu_igualdad-es

Nesta páxina encontraredes uns xogos para os vosos fillos e fillas ademáis dun contidos moi interesantes

jueves, 18 de junio de 2009



Na resolución do 4 de xuño se convocan axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da xornada de traballo.

Os beneficiarios serán os homes traballadores por conta allea que se acollan á redución da xornada; no caso de familias monoparentais a persoa solicitante poderá ser home ou muller.

A contía das axudas irá en función do tempo que dure a redución da xornada e da propia redución.

O prazo para solicitar esta axuda remata o vindeiro 31 de agosto e o período que entra neste prazo é do 1 de setembro de 2008 ata esta data.

jueves, 11 de junio de 2009



O vindeiro xoves 25 de xuño o CIM en colaboración co ADL de Teo, vai a levar a cabo unha charla na mediateca do Grilo para informar dos bancos do tempo. O banco de tempo é unha rede de colaboración entre particulares, consistente no intercambio de tempo entre os seus participantes que ofertan parte do seu tempo para a realización de determinadas tarefas ou servizos a outras persoas.

É un banco que funciona sen diñeiro, a unidade de intercambio son as horas, independentemente do tipo de servizo que se intercambie, todos os servizos valen o tempo que se tarda en facelos.

A unidade de intercambio é a hora.

Para máis información chama ó CIM ou pregunta por Diego. A charla comenzará ás 8:00 da tarde.

viernes, 5 de junio de 2009



Xunto co diario ABC cada xoves se reparte unha revista denominada Alfa y Omega do Arzobispado de Madrid e nunha tribuna titulada "La violación, ¿fuera del Código Penal? di o seguinte:

"Nada más lejos de mi intención que frivolizar con la violación", dice-, se pregunta si, reducido el sexo a "simple entretenimiento", debería mantenerse la agresión sexual en el Código Penal. "¿No debería equipararse a otras formas de agresión, como si, por ejemplo, obligáramos a alguien a divertirse durante algunos minutos?", escribe Benjumea, para a continuación -"No es demagogia", dice- poner el ejemplo de un violador, "homosexual", especifica, y "bien relacionado con los círculos progubernamentales", sostiene, que vio reducida su condena de 12 a 5 años de cárcel por una decisión del Consejo de Ministros. Después, el artículo habla de esa banalización del sexo que impregna "el ambiente cultural" y hace la comparación de la despenalización del aborto con la píldora poscoital. Y concluye con un ataque al Gobierno: "Esa hipotética indignación [la que provocaría la despenalización de la violación] es un motivo de esperanza, porque demuestra que la deshumanización de la sexualidad, que promueve el Gobierno, todavía no ha llegado a un punto de no retorno".

Gustaríame que escribírades os vosos comentarios

jueves, 28 de mayo de 2009



A partir do 1 de xaneiro de 2011 o permiso de paternidade ampliarase desde os 15 días ata as catro semanas. A lei de igualdade aprobada en marzo de 2007 contempla un permiso de 15 días para o pai que pode coller durante a baixa de maternidade de 16 semanas ou inmediatamente despois.

Con esta medida o que se pretende é mellorar a corresponsabilidade no coidado das fillas e fillos entre homes e mulleres.

miércoles, 20 de mayo de 2009



Xa está na web de Sanidade un test para detectar o maltrato ás mulleres no ámbito sanitario. Está demostrado que as mulleres que sofren violencia acoden máis os servicios de atención primaria que as que non son maltratadas.

O teste cúbrese en 5 minutos e son frases cas que están de acordo ou non do 1 ao 5.

jueves, 14 de mayo de 2009



En Italia, os homes que alegen que mataron ás súas mulleres por celos terán condeas menos duras. O tribunal italiano mantén que os celos non son de todo "ilícitos". A concepción da muller como un ser creado para o pracer do home, que nos casos máis graves conduce ao maltrato e a morte segue a estar moi arraigada na cultura italiana. Cando unha muller é asasinada pola súa parella os medios de comunicación suelen falar de acto de loucura, celos, demasiado amor... O movemento do Goberno aprobou un decreto que prevé a prisión de por vida para o asasino que antes violara á muller.

Para combater o machismo hai que facelo de raíz e iso é dificil nun país onde o propio primer ministro aparecía nun vídeo no que se acercaba a unha asesora gubernamental e lle preguntaba se podía "palparlla un pouco".

miércoles, 6 de mayo de 2009



Dunha entrevista feita ó fiscal do xulgado de violencia sobre a muller de Marbella podemos destacar o seguinte: A importancia que ten o testimuño dos menores que conviven cas mulleres maltratadas que aínda que en moitos casos non sofren a violencia directamente, sí son víctimas da situación, que vai a repercutir negativamente no seu desenrolo. Os nenos e nenas máis pequenos son moi claros á hora de expoñer as situacións, pero xa a partir de 12 ou 13 anos toman partido por un dos seus proxenitores e temos que examinar o concepto qeu teñen do seu pai e da súa nai para que a súa testemuña sexa pura. Aclara que cada vez os maltratadores son máis xóvenes, atopámonos con xovenes de 18 e 19 anos que non lle teñen respeto a vida allea e non teñen sentimentos de culpabilidade. Mantén que o problema tense que tratar dende a educación, aínda que todas as medidas que se toman a nivel legal sexan necesarias, pero si dende pequenos non se fai unha política en igualdade e en valores, non conseguiremos nada. As denuncias falsas di que existen pero nunha porcentaxe moi baixa, o que ven a demostrar o que cada vez se di máis, que cando unha muller denuncia unha situación de malos tratos, casi sempre é certa. Por último tamén destaca que na actualidade aínda que se pense que a sociedade está moi receptiva a estes casos e se implique na súa denuncia non é certo, aínda son poucos os casos de veciños e veciñas que denuncien a posible existencia de estes casos.

lunes, 4 de mayo de 2009



O vindeiro mes de xuño vai a ter lugar no Concello de Teo un curso de habilidades prelaborais e busca activa de emprego.

Na actualidade atopar un traballo é cada vez máis dificil e polo tanto témonos que preparar máis.

O curso terá lugar os xoves e os venres dende o 4 ata o 18 de xuño, en horario de 16:00 a 20:00, cun total de 20 horas. O curso é de balde.

Chamade o CIM de Teo para máis información ó teléfono 981809707

domingo, 3 de mayo de 2009



Dende a entidade de Fundación Mujeres, se vai a levar a cabo o curso de atención á clientela. A modalidade do curso é on-line e de balde e desenvolverase dende o 4 de maio ata o 4 de xuño. Os temas a tratar son os seguintes: conceptos básicos,características e calidade na atención á clientela, aspectos básicos na prestación de servicios que inflúen no proceso de interacción coa clientela, habilidades de comunicación, comunicación verbal e non verbal, venda persoal e atención á clientela, tratamento das reclamacións da clientela.

Para inscribirse no curso tendes que mandar un correo electrónico de confirmación a seguinte dirección: asesoria@fundacionmujeres.es. No correo teredes que poñer o voso nome e apelidos, dirección, teléfono, correo electrónico, o nome da vosa empresa e a actividade a que vos dedicades.

Animádevos!!!!!!!!!!!

martes, 28 de abril de 2009



Dende o 27 de abril xa vos podedes anotar nos cursos do Proxecto Xiana que se van a realizar. Os cursos son un de atención sociosanitaria no domicilio e outro de monitores e monitoras de actividades de tempo libre.

Para poder acceder a estes cursos tendes que estar inscritas e inscritos como demandantes de emprego e ter a tarxeta de demandante de emprego actualizada. Por outra banda tendes que ser maiores de idade e estar empadroadas e empadroados en algún dos Concellos adheridos ó proxecto. Do mesmo xeito non poderedes ter ningún impedimento físico para realizar as funcións da profesión.

Para máis información podedes acodir á Axencia de Emprego do Concello.

viernes, 24 de abril de 2009



Na prensa de hoxe aparece publicada a noticia de que "a lei seca se cumple pero o botellón campa as súas anchas".

Asociado ao problema do botellón, aparece tamén o problema da "Escopolamina" (Tamén coñecida por burundanga), que é unha sustancia que ten o poder de suprimir a vontade das persoas, fai perder a memoria de todo o que sucede durante o tempo que dura o seu efecto. En España esta droga empléase frecuentemente para violar ás mozas. Aínda que na nosa terra non se coñecen moitos casos, é preciso que avisemos as nosas menores da súa existencia e da importancia que ten que vixien o que beben, xa que esta sustancia es botada nas bebidas e as mulleres non son conscientes de que a están tomando.

miércoles, 22 de abril de 2009



O vindeiro 6 de maio terá lugar na Casa Común de Oza un obradoiro de pequenas reparacións eléctricas no fogar. O obxetivo deste obradoiro é aportar uns coñecementos básicos para solventar aqueles pequenos problemas que se nos plantexan no día a día na nosa casa.

O obradoiro terá dúas horas de duración, de 18:00 a 20:00 da tarde. E gratuíto e para anotarse teredes que acodir o CIM no edificio de servicios sociais, dende hoxe ata o vindeiro 4 de maio.

Para máis información podedes chamar o teléfono do Concello 981 809707 e preguntar polo CIM ou por Chelo

martes, 21 de abril de 2009



O Observatorio de Violencia de Xénero fixo un balance dos tres anos e medio da aplicación da ley contra a violencia de xénero. Considera que a resposta ante un maltrato é mellor, máis rápida e efectiva aínda que todavía queda moito por facer. A vocal do CGPJ apostou por suprimir o alonxamento forzoso do agresor en tódolos casos previstos pola lei e deixar a adopción desta medida cautelar o xuiz encargado. Tamén considera que a formación dos xuices dos xuzgados de violencia de xénero sexa obligatoria, cando na actualidade é voluntaria.

jueves, 16 de abril de 2009



O pasado 3 de abril publicouse no DOGA as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagametno único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2009.

As persoas beneficiarias desta prestación son aquelas que teñan fillos ou fillas menores de 3 anos na data do 1 de xaneiro de 2009 (nacidos entre o 02-01-2006 e o 01-01-2009) e non teñan obriga de facer a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas.

No caso de que as fillas ou fillos sexan adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2007 e o 31 de decembro de 2008, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da inscripción da adopción ou do acollemento no Rexistro Civil.

O prazo para solicitar esta prestación remata o vindeiro 13 de maio.

jueves, 26 de marzo de 2009



Xa se publicou no DOGA nº57 do 24 de marzo a resolución que regula as bases para a concesión de axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero, o chamado "salario da liberdade".

A finalidade desta axuda é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para lles garantir unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación na que corren perigo.

As mulleres que acrediten a condición de vítima de violencia de xénero poderán optar a cobrar unha axuda que poderá ser de ata 600 euros durante un máximo de 12 mensualidades.

Para máis información podedes acodir ó CIM


O pasado 17 de marzo aprobouse o pagamento das indemnizacións, de pagamento único, a favor das mulleres qeu sofren violencia de xénero e/ou dos e das menores ou persoas dependentes afectadas por esta.
A finalidade destas axudas é evitar situacións de precariedade económica das vítimas de violencia de xénero que teñan concedida unha indemnización por sentenza xudicial, que lles corresponda polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da dita violencia, e que non a esten a percibir pola insolvencia da persoa obrigada a pagarlla.
As mulleres que poden solicitar esta axuda deberán cumprir unha serie de requisitos que aparecen publicados no DOGA nº 52 do luns 16 de marzo de 2009.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de outubro de 2009

miércoles, 18 de marzo de 2009

Déixovos o novo vídeo que a Fundación Mulleres lanzou para sensibilizar contra a violencia de xénero.

jueves, 12 de marzo de 2009



Por problemas na organización desta actividade, aínda non empezamos o curso, polo tanto se estás interesada chama o CIM e anótate.

¡Anímate!

miércoles, 11 de marzo de 2009


O Instituto Vasco da Muller, Emakunde, para conmemorar o 8 de marzo, fixo unha campaña co lema " Mulleres en folga" que pretende incidir no que sucedería en tódalas casas se as mulleres deixaran de facer as labores domésticas.
A directora de Emakunde apuntou que só o 8% das mulleres recoñece que é o home o encargado de coidar aos fillos e fillas e que o 90% das mulleres se encargan da ropa, o 85% da limpeza do fogar e o 82% da preparación da comida, sendo as únicas funcións, dentro da producción doméstica onde a proporción do home é maior o mantenemento con un 86% e a xestión cun 58%.
A directora di que estos non son datos reais xa que non se diferencia entre tareas e responsabilidades, cando esto último é un traballo continuado de 24 horas que crea máis preocupación, máis problemas e máis estrés.
¿Que pensades vos que ocurría se nos puséramos en folga? ¿que dirían os nosos fillos e fillas? ¿que pensaría a nosa familia? Animádevos e escribide.



O periódico do Vaticano, publicou este pasado fin de semana no l'Osservatore Romano, o periódico semioficial do Vaticano, un artígo para conmemorar o Día Internacional da Muller. Este periódico dí que é posible que a lavadora tiña feito máis pola liberación da muller no século XX que a píldora ou o dereito ao traballo.

O texto, escrito por unha muller pregúntase: "¿ Que foi o que fixo máis para a liberación da muller occidental no século XX?"

"O debate está caldeado. Algúns din que a píldora, algúns que o aborto e algún que o dereito a traballar fora da casa. Outros osan ir máis alá: a lavadora".

Despois repasa a historia da lavadora, comezado con un modelo rudimentario de 1767 en Alemania e terminando cas lavanderías de hoxe en día onde a muller pode tomar un café cas súas amigas mentras que o tambor da voltas.

Podedes opinar o que vos parece.

Un saúdo

martes, 3 de marzo de 2009


Onte inagurouse na Mediateca do Grilo a exposición "Mulleres Pioneiras". Dita exposición estará exposta ata o vindeiro 13 de marzo.

A Ministra de Igualdade Bibiana Aído presentou as 5 curtometraxes gañadoras sobre violencia de xénero no concurso - é +, cine para ser a voz de quenes calan. No proxecto participaron profesionais do cine, profesorado e alumnado de ESO ,bacharelato e formación profesional. Entre as persoas gañadoras destaca unha galega de 17 anos de Ourense. Os videos irémolos colgando nas vindeiras semanas. Hoxe comenzamos polo video de Marta Blanco que acadou o terceiro premio


PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas