martes, 24 de noviembre de 2009

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

TEO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


A Ministra de Igualdade, Bibiana Aído advirte que o 30% das víctimas de violencia machista teñen menos de 30 anos. Fala do risco das "relacións toxicas" aquelas que comenzan con "pequenos detalles" como avasallar ao outro con mensaxes ao móvil ou humillarle en público e que son "a semilla da violencia de género".
Os xóvenes están "chamados a acabar cos estereotipos", teñen o "poder de facer dos cuidados unha responsabilidade compartida" e son quenes "poden facer realidade que as mulleres vivan sen medo" aínda que "a maioría cree que é un problema de xente maior e non o identifican".
Neste momento, 234 maltratadores levan unha pulseira electrónica na súa moneca. Gracias a estos dispositivos de seguimento, as autoridades son capaces de detectar cando algun de eles infrinxe unha orde de afastamento. Se un maltratador infrinxe unha orde de afastamento, as alarmas saltan na terminal de emerxencias.Gracias ao XPS do teléfono, saben o punto exacto onde se atopa a víctima.
Durante a próxima presidencia Española da Unión Europea, o Goberno pretende ampliar o 016 ao resto dos países comunitarios. Unha línea que en España xa axudou no que vai de ano a máis de 50.000 mulleres

Nesta semana celébrase o día internacional da eliminaicón da violencia contra a muller. No Concello de teo a Concellaría de educación, igualdade e benestar, xunto con CIM e a Concellaría de cultura organizarán unha serie de actos conmemorativos que son:
- Lúnes 23 no colexio da Ramallosa levarase a cabo unha representación que leva por título "mulleres científicas" dirixida ó alumnado de 1 e 2 de primaria. Haberá duas representacións, unha as 11 da mañá para o alumnado dos Tilos e de Calo e outra as 12:30 para o alumnado da Ramallosa. Ca representación o que se pretende é visibilizar o papel da muller na ciencia, un mundo do que sempre estuvo apartada. As nosas novas xeracións teñen que coñecer que tamén houbo mulleres cun papel moi importante no avance da sociedade.
- Marte 24: Na mediateca terá lugar unha charla que leva por título "Teo contra a violencia de Xénero" no que se falará do material audiovisual co que contamos para traballar tanto coa poboación en xeral coma cos diferentes colectivos que teñen un papel destacado na loita contra a violencia de xénero coma son: educación, sanidade e policía. Pola mañá terá lugar un obradoiro no IES para traballar este material co alumnado de 4º da ESO.
- Sábado 28: Terá lugar un recital poético musical e plástico na mediateca do grilo a cargo do grupo Oriol. Será as 21:00 horas e é aberto a toda a poboación.

Estas actividades se realizan de forma puntual para a conmemoración desta data tan importante, pero dende o CIM e a Concellaría de igualdade estase a traballar durante todo o ano para contribuir a que homes e mulleres vivan nunha sociedade máis xusta e igualitaria.

martes, 17 de noviembre de 2009

Dende o 16 de novembro xa está en activo o servicio de asesoría xurídica. A nova avogada atenderá no seguinte horario previa cita:
- Lúns, mércores: de 8:00 a 14:00
- Xoves: de 15:00 a 21:00

O servicio é previa cita que se pedirá no CIM de Teo.

viernes, 6 de noviembre de 2009


Co motivo do 25 de novembro, dende o CIM imos a levar a cabo unha campaña de sensibilización e queremos dar a coñecer a lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Para elo temos un blog http://leigalegavg.blogspot.com/ onde vos propoñemos un test para comprobar os vosos coñecementos sobre a lei.
Entre as persoas que manden as respostas correctas faremos un sorteo dunha cesta con productos de baño.
O prazo rematará o vindeiro 24 de novembro.
Animádevos a comprobar os vosos coñecementos!!!!!!!

jueves, 5 de noviembre de 2009



O vindeiro venres 13 de novembro vamos a levar a cabo un obradoiro de habilidades sociais.

Os obxectivos son os seguintes:

- Fomento da autoestima

- Axudar a desinhibición

- Fomentar a comunicación como medio para achegarse a os demais

-Dar as pautas para a utilización do linguaxe como insturmento de relación social

-Dotar de ferramentas para o uso óptimo da comunicación

O obradoiro vaise a levar a cabo na antigua aula de informática e o horario é de 9:00 a 13:00. A actividade é de balde e para anotarse teredes que facelo no CIM.



O vindeiro luns e martes, 9 e 10 de novembro vamos a levar a cabo un novo obradoiro de autoestima. Na actividade que se fixo o venres pasado, as mulleres que asistiron saíron moi satisfeitas da actividade. O horario será de 9:00 a 14:00 e o lugar será na antigua aula de informática.

Este obradoiro pretende ser un pouco máis extenso para que se poidan abarcas máis temas.

Se tendes interese en acodir, llamade ó CIM o pasade polo Concello para anotarvos, é totalmente gratuita.



Hoxe rematou o obradoiro de habilidades prelaborais e búsqueda activa de emprego. Con este curso o que se pretendía era desenvolver e adquirir habilidades e recursos que permitan superar as barreiras actuais na búsqueda de emprego ante a crise económica, autoreflexionar acerca das expectativas profesionais de cada unha e capacitalas para a elaboración do propio currículo e cartas de presentación.

martes, 3 de noviembre de 2009

OUTONO NAS TERMAS É un progra cofinanciado nun 50% pola Secretaría Xeral para o Turismo e a Secretaría Xeral da Igaulade dirixido a mulleres da comunidade autónoma de Galicia coa finalidade de promover a participación das diferetnes asociacións de mulleres en estadías en balnearios galegos durante o mes de novembro.
Poden acceder a este programa as mulleres que participan nalgunha asociación de mulleres de Galicia.
O programa vaise a levar a cabo durante o mes de novembro e nel colaboran 7 hoteis balneario de Galicia e consta de dous días de estadía en réxime de media pensión e tratamentos termais específicos.
Máis información no teléfono 981545351 ou na páxina outononastermas@xunta.es


O vindeiro 9 e 10 de novembro dende o CIM imos a levar a cabo un obradoiro de autoestima para mulleres.
O horario será de 9:00 a 14:00 na antigua aula de informática. Para anotarse a este obradoiro que é totalmente gratuíto, tes que facelo no CIM.


O pasado mércores 28 de outubro rematou o curso de atención a persoas dependentes que se levou a cabo no Concello de Teo.
As mulleres que o fixeron tiveron unha formación teórica de 200 horas; a parte práctica a fixeron en diferentes residencias do Concello, que foron: Os Arcánxeles, San Simón, Puente Vea e os Castros, que colaboraron de forma altruista.
A nosa máis sincera noraboa a estas mulleres e esperemos que a formación acadada lles sexa útil para os seus intereses.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas