viernes, 30 de enero de 2009


A Xunta de Galicia a través do SGI ven de crear un servicio co fin de traballar na loita contra a discriminación entre mulleres e homes no eido laboral e formativo.
O servicio está orientado ao asesoramento das mulleres que desexen levar a cabo unha actividade empresarial para conseguir a súa integración laboral.
A páxina web EMEGA pretende ser unha fonte de recursos e asesoramento personalizada para as mulleres emprendedoras.
Tamñen existe un número de teléfono o 900306060 de asesoramento gratuíto de lúns a venres de 9:00 a 14:00. As dúbidas serán respondidas nun prazo máximo de 24 horas.
A páxina é a seguinte: http://www.redeemega.eu/

miércoles, 21 de enero de 2009



No BOE do mércores 10 de decembro de 2008, publicouse o Real Decreto 1917/2008, de 21 de novembro, polo qeu se aproba o programa de inserción sociolaboral para mulleres víctimas de violencia de xénero. O obxectivo deste real decreto é a aprobación dun programa de inserción sociolaboral para mulleres vícitmas de violencia de xénero, inscritas como demandantes de emprego.

Algunas das medidas de actuación son:

-Itinerario de inserción sociolaboral, individualizado e realizado por persoal especializado.

-Programa formativo específico para favorecer a inserción sociolaboral por conta allea.

- Incentivos para favorecer o inicio da nova actividade por conta propia.

- Incentivos para as empresas que contraten a víctimas de violencia de xénero.

- Incentivos para facilitar a movilidade xeográfica

Según o Real Decreto, as Administracións Públicas competentes en materia de emprego, establecerán puntos de atención ás vítimas de violencia de xénero, nos que a atención que se preste a ditas mulleres será especializada e confidencial.





O luns 19 a secretaría xeral da igualdade presentou unha nova aplicación informática creada en colaboración coa Consellería de Industria para evitar a linguaxe sexista nos textos administrativos. A aplicación chámase Exeria e pretende ser un diccionario e glosario lingüístico de linguaxe non sexista que detecte sesgos de xénero nos documentos admistrativos e ofrezca hasta 5 alternativas de cambio que se realizarán no momento.

A nova aplicación xa está disponible na dirección: http://www.exeria.net dende a cal se pode descargar de xeito gratuíto

martes, 20 de enero de 2009



No correo de hoxe publicouse que aumentaron as denuncias por violencia de xénero e aínda que todavía son as mulleres as que maioritariamente denuncias, as denuncias presentadas por familiares aumentaron un 116%. Das 70 mulleres mortas por violencia de xénero no 2008, os casos donde existía orde de protección en vigor descendeu dun 23,5% ata un 14,3%. Atendendo as características da convivencia, apréciase un descenso significativo entre as falecidas con parella ou en convivencia, e un incremento en aquelas nas que había ruptura da relación.

Os asasinatos por arma blanca supoñen o 53,6% dos casos. O 44% eran mulleres extranxeiras mentras que o 80% tiñan unha situación regularizada.

En Galicia foron 6 as mulleres mortas durante o 2008 a máns da súa parella ou ex parella sentimental. Cada vez son máis as denuncias destes casos pero aínda queda moito camiño por percorrer. PARA QUE NON MORRAN MÁIS MULLERES COMO CONSECUENCIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO É PRECISO QUE SE IMPLIQUE TODA A SOCIEDADE.

Este vídeo é ilustrativo de que as nosas pequenas e pequenos aprenden o que ven. Deste xeito destacamos a importancia que teñen os nosos feitos, máis que as nosas palabras. No campo da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres son moi importantes as nosas actitudes, o como nos comportamos. Temos que facer todas e todos unha revisión dos nosos comportamentos para poder transmistirlles os nosos fillos e fillas un bo modelo educativo.

viernes, 16 de enero de 2009



No DOGA do14 de xaneiro de 2009 publicouse a orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras dos incentivos á contratación dirixidos a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

As axudas están destinadas ás empresas que:

- Reincorporen a traballadoras tras un período de descanso por causa da cesión ao traballador do permiso de maternidade

- Sustitúan a persoas traballadoras en excedencia para o coidado de familiares ou con redución da xornada de traballo por motivos familiares.

As solicitudes e anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo: http://traballo.xunta.es



A Consellería de traballo ven de publicar no DOGA do 15 de xaneiro a orde do 30 de decemrbo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres como medida para lograr un mercado de traballo igualitario, cofinanciada polo fondo Social Europeo.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas, calquera que sexa a sorma xurídica que adopte, incluídos autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten por conta allea traballadoras pertencentes aos distintos colectivos que aparecen na orde.

As solicitudes e os anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo: http://traballo.xunta.es

jueves, 15 de enero de 2009



Aínda o noso blog non ten un ano e xa ten máis de 1000 visitas, noraboa a todas e todos!!!! Gustaríame que ademáis de visitalo partipárades nel e para iso tendes sempre a opción de facer algún comentario en cada unha das entradas. Estes comentarios son anónimos, ou se queredes tamén podedes poñer o voso nome. Para nos é moi importante coñecer as vosas inquedanzas, intereses e críticas. Queremos mellorar o noso servicio e para eso necesitamos de todas e todos vos.

Quedamos a espera das vosas suxerencias e comentarios.

Unha aperta



A experta Pilar Lòpez Díez, experta en violencia de xénero, declarou a Europa Press que farán falta uns 25 anos para que a sociedade española deixe del lado a práctica patriarcal da violencia contra as mulleres. Un dos aspectos claves para acabar coa violencia de xénero é a educación. "É fundamental reciclar ao profesorado".

A pesar dos avances na erradicación da violencia machista, queda un largo camiño por percorrer, e os medios de comunicación teñen unha importante labor. Un dos problemas é que xeralmente só recollen o punto do iceberg, as mortes, e non fan referencia á violencia continuada que se produceu ata chegar ás mortes, información que sería moi pedagóxica para que as mulleres maltratadas recoñeceran a sitaución de perigo na que se atopan.

Considera que no caso dos asasinos confesos, debería publicarse o seu nome e apelidos, como no caso dos terroristas incluso antes de ser juzgados.

"Hai que olvidarse dos estereotipos como que está bebédo ou deprimido para xustificar o asasinato, a única razón é que se creen superiores á mulleres coas que conviven".

martes, 13 de enero de 2009



O Ministerio de Igualdade publicou os datos provisionais de mulleres mortas por violencia de xénero durante o ano 2008. O número total ascendeu a 70 e dos datos podemos observar que o maior número de mulleres eran españolas (55,7%) que tiñan denunciada a súa parella (22,9%) ca cal convivían (62,9%) e tiñan unha medida de protección (20%). A idade media é entre 21 e 30 anos (27,1%). A nacionalidade do agresor tamén foi en maior porcentaxe española (62,9%) e a súa idade é entre 31 e 40 anos (28,6%). Nun 67,1% dos casos, estes homes non se suicidan.

Con estes datos quedaría demostrado que moitos dos mitos sobre a violencia de xénero non se cumplen, como o de que a maioría das mulleres que a sofren e os seus verdugos son de natureza estranxeira ou que moitos de estes homes se suicidan.

lunes, 12 de enero de 2009


Dende onte contamos na rede cunha nova páxina onde todas as persoas poden deixar a súa opinión ou a súa experiencia sobre o maltrato. Con esta páxina preténdese loitar contra a violencia de xénro e do mesmo xeito quere ser unha ferramenta de apoio para todas aquelas mulleres que están sufrindo unha situación de maltrato e non se atreven a denuncialo ou a comentalo con ninguén.

jueves, 8 de enero de 2009


A finais do mes de xaneiro volveremos a levar a cabo outro obradoiro de alimentación para mulleres. O primeiro que se fixo foi un éxito e por este motivo repetirémolo en distintas parroquias do Concello. Máis adiante daremos información máis polo miúdo pero se queres podes anotarte na lista de preinscripción.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas