miércoles, 25 de enero de 2012

Resolución do 5 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se convocan para o ano 2012 as axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes cofinanciadas polo Fondo Social Europeo( FSE).
Con estas axudas preténdese apoiar o desenvolvemento de programas específicos para as mulleres que se atopen en situacións de especial vulnerabilidade así como tamén o desenvolvemento de recursos especializados e programas de apoio a mulleres xestantes e/ou lactantes con fillos/as menores de tres anos, todo iso co obxectivo prioritario da promoción da igualdade entre homes e mulleres.

miércoles, 18 de enero de 2012

A RED SOCIAL DO EMPREGO FEMININO

A fundación mulleres lanza unha web para aquelas que buscan traballo e para as emprendedoras. A páxina é:
www.activatenred.es e pretende ser un punto de encontro entre empresarias, emprendedoras e aquelas que queren traballar pero non atopan a forma de conseguilo. No terceiro trimestre do 2011 o desemprego afecta máis ás mulleres; neste período 114.000 mulleres perderon o emprego fronte a 32800 de homes. Este dato ten aínda máis relevancia se temos en conta que o 52,93% das mulleres entre 16 e 65 anos traballa fronte ao 67,64% dos homes.
Aínda que a rede social está dirixida a mulleres, tamén poden formar parte dela aqueles empresarios comprometidos ca igualdade. Ademáis, os cursos da Fundación Mulleres van dirixidos a mulleres maduras e con pouca formación que necesiten axuda para redactar os seus currículos. Alonxadas das novas tecnoloxías, aínda lles custa máis atopar traballo.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas