jueves, 3 de abril de 2008


Saleu publicado no DOGA do 3 de abril a orde do 26 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2008.
Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos en 1 de xaneiro de 2008 (nacidos entre o 2-1-2005 e o 1-1-2008, inclusives) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2006, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período.
O prazo de presentación rematará o vindeiro 13 de maio
http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/14CC2?OpenDocument

No hay comentarios:

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas