miércoles, 23 de abril de 2008

Resolución do 10 de abril de 2008 que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas e subvencións para o retorno á formación das mulleres que abandonaron o proceso educativo para seren nais e e se procede á súa convocatoria.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres inactivas ou desempregadas que accedan ao sistema educativo logo dun período por mor da maternidade, a través da matrícula oficial nun ciclo medio ou superior, universitario ou de formación profesional, e cuxos ingresos da unidade familiar sexan inferiores ao quíntuplo do indicador público da renda e efectos múltiples (IPREM) para o ano 2008, e que cumplan os requisitos exixidos no artígo 10 da lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
O prazo de presentación remata o 24 de maio de 2008

No hay comentarios:

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas