Hoxe, venres día 8 de marzo, celebramos o día da Muller na Casa Común de Raris. Comezaremos coa lectura do Manifesto Institucional, e logo teremos un coloquio con seis costureiras que nos contaran como foi a súa vida laboral,e que significou o traballo para elas. Ao remate leranse dous poemas escollidos da galega, universal e actualisima, Rosalia de Castro.Remataremos coa actuación das Pandereteiras de Francos, e das cantantes Ugia Pedreira e Najla Shami, remataremos con un pincho.Estades todas e todos convidados.mulleres
viernes, 8 de marzo de 2013
viernes, 1 de marzo de 2013
Aqui tendes o enlace para ver as bases do concurso de fotografía que organizmos co gallo do 8 de marzo. Animádevos a participar.
http://www.concellodeteo.com/eadministracion/convocatoria.php?id=238&lg=gal
A saída será o domingo 10 de marzo ás 9:30 dende o local sociocultural da Ramallosa.
Para anotarse chamar ao teléfono do CIM, o 981809707.
Animádevos!!!!!!
martes, 22 de enero de 2013
viernes, 23 de noviembre de 2012
Aqui tendes o enlace do video que fixemos no Concello de Teo para conmemorar o día contra a violencia de xénero.
Contamos con todas e todos vos para a súa distribución.
Moitas gracias
http://youtu.be/LbuVAdJZ9vI
domingo, 18 de noviembre de 2012
viernes, 26 de octubre de 2012
ACTIVIDADES DO CONCELLO DE TEO CO GALO DO 25 DE NOVEMBRO
Co galo do 25 de novembro, o Concello de Teo vai a levar a cabo as seguintes actividades:
Xoves 8 de novembro ás 20:00 no local social da ramallosa, o grupo de teátro Chévere representará o seu espectáculo "I´ll we waching you". A entrada e de balde.
Venres 23 de novembro
- Ás 19:00 lectura do Manifesto Institucional
- Ás 19:15 Lectura de poemas contra a violencia de xénero a cargo de Patricia Guillerme Vázquez Vázquez
- Ás 19:30 obra de teatro co título "luces fora" da escritora Manjula Padmanabhan, a cargo do alumnado de 2 de bacharelato do IES de Cacheiras.
- Ás 20:30 presentación do video "A sociedade é o mellor recurso contra a violencia de xénero", onde se pon de manifesto parte da rede social do Concello de Teo contra esta lacra.
Durante a semana do 19 de novembro levaranse a cabo nos CEIPs do Concello e no IES, obradoiros de sensibilización co alumnado
miércoles, 19 de septiembre de 2012
A exposición pódese visitar de 9:00 a 14:00 ata o venres 28, logo estará exposta nos centros educativos do Concello para que o profesorado poida traballar a temática co alumnado.
miércoles, 5 de septiembre de 2012
viernes, 6 de julio de 2012
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas ao abeiro da lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e inscritas no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais, na área de actuación de igualdade.
O prazo de presentación será dun mes contado a partir do seguinte ao da publicación da resolución no DOG.
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello
educar os nosos fillos e fillas
O CIM
O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.










