lunes, 28 de noviembre de 2011
O alumnado de 2º de primaria do CEIP de Calo na actividade que fixemos para conmemorar o 25 de novembro.
viernes, 25 de noviembre de 2011
martes, 15 de noviembre de 2011
25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
A vindeira semana conmemórase o 25 de novembro e dende o Concello imos a realizar as seguintes actividades:
- 21, 22 e 23 de novembro:
- Obradoiro "Educando en igualdade": Nos CEIPs da Ramallosa, Os Tilos e Calo co alumnado de 2º de primaria.
- 24 de novembro:
- 18:oo. Concentración e lectura da declaración institucional na porta do Concello. Minuto de silencia en lembranza das vítimas.
- 18:15. Representación teatral a cargo de ASPAMITE e lectura de textos e música a cargo do IES de Cacheiras no local sociocultural da Ramallosa.
- 25 de novembro:
- 20:00. Mesa redonda organizada pola asociación Teenses pola Igualdada no local sociocultural da Ramallosa. Intervirán:
- Dna. Laura Rodríguez Manso: Xefa da unidade de coordinación contra da violencia sobre a muller. Delegación do Goberno en Galiza.
- Dn. Alejandro Gómez Aragón: Funcionario do C.N. da Policía, experto en programas de autoprotección para mulleres.
- Dna. Rosa Gómez Limia: Presidenta da asociación organizadora.
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello
educar os nosos fillos e fillas
O CIM
O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.