
Como ven sendo habitual, A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, ofertou prazas para os campamentos xuvenís que se desenvolven na Comunidade Autónoma galega, e actividades de ámbito nacional, que teñen lugar noutras comunidades autónomas de España. Prazo remata o 11 de abril.
Para máis información pódese consultar a seguinte dirección
http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/1308E?OpenDocument
Durante a xornada o alumnado participou activamente nas actividades propostas para conmemorar o día da muller. O final houbo premios para todas e todos polo esforzo realizado.
Ainda que a asistencia foi reducida, o obradoiro foi moi dinámico xa que as nais e o pai asistente estaban moi concienciados da problématica existente en torno a educación en igualdade
O CIM
O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.