jueves, 8 de marzo de 2012

OS NOSOS PARABÉNS NO DÍA DA MULLER!!!!!


No día de hoxe, ás 19:30 terá lugar no Concello a lectura da declaración institucional co gallo do 8 de marzo. A continuación comezará a mesa redonda " O traballo das mulleres: as leiteiras de Teo". Interveñen: Luisa Muñóz, profesora do departamenteo de Historia Contemporánea da USC. Ana Calvo, Dora e Fina Abeijón, con experiencias como leiteiras; e o alumnado do IES de Cacheiras.

O domingo iremos de excursión ás Termas de Outariz.

No hay comentarios:

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.
Loading...

contador de visitas