miércoles, 16 de marzo de 2011


A realidade dos xuzgados revela que a maioría das parellas que se separan pedirían a custodia compartida.
Dende o ano 2005 xa existía a custodia compartida, pero non foi ata este ano cando unha reforma do Código Civil a visibilizou. A día de hoxe segue a ser unha práctica pouco habitual e a custodia segue a atribuirse ás nais.
Unha das razóns do freno á custodia compartida é que a lei esixe aos dous proxenitores estar de acordo ou que haxa un informe do Ministerio Fiscal.
O fiscal delegado de menores en Galicia afirma que cada vez son máis os pais que a piden e que se houbese máis asesoramento o número aumentaría. Según o fiscal, un dos grandes problemas da custodía compartida, é a reticencia de moitas nais as pernoctas dos seus fillos e fillas na casa da súa ex parella.
A corresponsabilidade no coidado dos fillos e fillas é imprescindible para poder acadar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e o tema da custodia nos casos das separacións debe ser tratado en consecuencia.

No hay comentarios:

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello

O CIM


O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.

contador de visitas