miércoles, 17 de diciembre de 2008
martes, 16 de diciembre de 2008
Imos ver un vídeo musical sobre a temática de violencia de xénero. Temos que seguir coa campaña de sensibilización.
miércoles, 19 de noviembre de 2008
O venres 21 na Mediateca do Grilo en Cacheiras as 19:00 horas, terá lugar un contacontos de igualdade organizado polo CIM de Teo e subvencionado polo SGI. O contacontos está orientado a nenas e nenas de 6 a 12 anos.
¡Animádevos!
viernes, 14 de noviembre de 2008
miércoles, 12 de noviembre de 2008
O domingo 16 de novembro no Centro Rosalía de Castro de Cacheiras vaise a representar a obra "Medidas preventivas" de Ancora producións. Esta obra entra dentro das actividades que dende o CIM do Concello de Teo vanse a levar a cabo co motivo da conmemoración do 25 de novembro. A representación será as 19:30.

miércoles, 29 de octubre de 2008
No DOGA do 17 de outubro publicouse a orde do 9 de outubro de 2008 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación no ámbito do tratamento informativo da violencia de xénero en Galicia.
Poderán optar a estas bolsas todas as persoas que estéan en posesión do título oficial de licenciada/o en periodismo ou en comunicación audiovisual e telo obtido no ano 2003 ou con posterioridade, e estar en situación de desemprego ou solicitude de mellora de emprego.
As bolsas terán unha duración de 12 meses e a dotación económica non excederá de 13500€ anuais.
O prazo de presentación rematará 0 18 de novembro.
miércoles, 22 de octubre de 2008
martes, 21 de octubre de 2008
Dende o CIM vaise a poñer en marcha uns obradoiros formativos de educación para a saúde onde os temas a tratar serán os seguintes:
- As mulleres ante o consumo de dorgas
- Educación afectivo sexual
- Mellora persoal
- Alimentación e nutrición
- Educación para o consumo
Os obradoiros comenzarán en novembro e repetiranse por diversas parroquias do Concello. Para máis información chamade o CIM do Concello ó teléfono 981809707
Animádevos a participar, sodes as nosas protagonistas
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN SANITARIA ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este é o protocolo que está a disposición do público en xeral nos centros de saúde do Concello e no CIM do Concello
educar os nosos fillos e fillas
O CIM
O CIM está no Centro de Servizos Sociais da Ramallosa, no segundo andar. O seu horario é de 9:00 a 14:00 horas tódolos días da semá. O horario de atención psicolóxica é os martes e xoves de 9:00 a 14:00 e o de atención xurídica é os luns e mércores de 9:00 a 14:00 horas. Ambolos dous servicios son con previa cita que se pode pedir chamando ó número de teléfono do Concello de Teo.




