O PLAN REDING
É unha proposta da Comisión Europea que busca garantir a protección das víctimas de todo tipo de violencia nos países da Unión Europea. As víctimas terán un certificado acreditativo que a persoa deberá traducir á lingua do país ao que van viaxar (primeiro dos inconvintes). Outro dos inconvintes que presenta o borrador deste plan é que a persoa que reciba este certificado deberá contactar coas autoridades do país onde vai a viaxar; non será unha comunicación oficial, senón da persoa a protexer con cada unha das xurisdiccións. E por último o Estado de destino da víctima, estará obrigado a informar ao agresor de datos que presumiblemente a víctima non lle querería revelar.
Na xustiza española, cando existe orde de afastamento, o xuíz pode determinar que os datos da nova dirección da víctima, permanezan ocultos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario