miércoles, 18 de mayo de 2011



No DOG de hoxe saíron publicadas ás axudas á conciliación da vida familiar e laboral para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.

O período subvencionable é entre o 1 de setembro de 2011 ata o 30 de abril de 2011.

As axudas son para homes que traballen por conta allea (con parellas que tamén traballen durante o período) ou ben para familias monoparentais que traballen por conta allea.

As cuantías das axudas dependerán da porcentaxe da xornada laboral reducida e da duración en meses, sendo o máximo 8 meses e o mínimo de 60 días naturais ininterrompidos.

Para máis información acodide ao CIM de Teo. O prazo de solicitudes rematará o vindeiro 18 de xuño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario