lunes, 19 de octubre de 2009



O vindeiro venres 30 de outubro terá lugar no Concello de Teo un Obradoiro de desenvolvemento persoal (autoestima). O obradoiro está dirixido ás mulleres do concello.

O horario do mesmo será de 16:30 a 20:30 na antigua aula de informática e para anotarse terás que chamar ao CIM ou pasarte directamente para anotarte.

A actividade é de balde.

Os obxectivos que se pretenden son:

- Descubrir as nosas fortalezas e aspectos positivos

- Saber recoñecer as nosas limitacións

- Análises das nosas posibilidades e reforzamento das mesmas

- Fomentar a autoestima

-Coñecemento da nosa personalidade

Animádevos xa que logo faremos un obradoiro máis longo para poder seguir traballando estos aspectos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario