martes, 20 de octubre de 2009



O vindeiro 2 de novembro comeza no Concello de Teo un curso de habilidades prelaborais e busca activa de emprego. Está dirixido ás mulleres de Teo maiores de 16 anos e o que se pretende e dotalas das ferramentas axeitadas para facer unha búsqueda de emprego o máis efectiva posible.

O curso durará 20 horas en horario de 9:00 a 14:00 os días 2,3,4 e 5 de novembro e levarase a cabo na antigua aula de informática do Concello.

Para anotarse teredes que pasar polo CIM. É de balde.

Animádevos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario