Dende o luns 17 de setembro está no edificio do Concello de Teo a exposición con A de Astrónomas, coa que se pretende visibilizar o papel das mulleres no mundo científico. O venres 21 ás 20:00 Josefina Ling fará unha visita guiada pola exposición aclarando cada un dos paneis.
A exposición pódese visitar de 9:00 a 14:00 ata o venres 28, logo estará exposta nos centros educativos do Concello para que o profesorado poida traballar a temática co alumnado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario