A Secretaría Xeral da Igualdade convocou as estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.
Convócanse un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, ou mulleres estranxeiras con permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario e cunha renda mensual que, tendo en conta todos os ingresos do conxuntoa da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (SMI)
As estadías terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais de xuño e principios do mes de xullo. Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu Concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiairas, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.
O prazo de presentación está aberta ata o vindeiro 16 de maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario