lunes, 13 de febrero de 2012

O GOERNO QUERE UNHA REDE DE VOLUNTARIADO DE AXUDA A MULLERES MALTRATADAS

A Ministra de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, Ana Mato, anunciou a súa intención de crear unha rede de voluntariado para mulleres maltratadas e os seus fillos e fillas. A Federación de Mulleres Progresistas está de acordo con esta rede, sempre e cando non supoña a desaparición de postos de traballo; é necesario que este colectivo esté atendido por persoal cualificado. A nova estratexia contra a violencia machista, incluirá tamén unha comisión interministerial composta polos ministerios de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, Xusticia, Interior e emprego y seguridade social.
No terreno laboral promoverase un plan estatal de garderías nos centros de traballo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, que incluirá incentivos fiscais para aquelas empresas que adopten medidas neste ámbito.
A reforma laboral contará cun plan de emprego para as mulleres que busca axudar aos 2,3 millóns de mulleres que están no paro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario