martes, 27 de septiembre de 2011

AS MULLERES TERÁN DEREITO A VOTO EN ARABIA SAUDÍ

O rei de Arabia Saudí, Abdalá bin Abdelaziz, anunciou a súa decisión de permitir a participación das mulleres nas eleccións municipais de 2015, tanto en calidade de electoras como de candidatas, e a súa inclusión no Consello da Shura, órgano de caracter consultivo, unha especie de Parlamento pero sen poderes lexislativos.

Arabia Saudí é o único estado do Consello de Cooperación do Golfo Pérsico, integrado ademáis por Emiratos, Omán, Catar, Baréin, e Kuwait, cun consello consultivo no que non se permite a participación feminina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario