jueves, 2 de julio de 2009



A ministra de igualdade, Bibiana Aído afirma que unha das prioridades da presidencia española europea será a loita contra a violencia de xénero.

Unha das propostas é a creación dun observatorio europeo contra a violencia de xénero; este serviría para poder ter indicadores comúns e medir este problema con parámetros claros a nivel europeo.

É importante que teñamos un diagnóstico común do problema a nivel europeo para poder plantear solucións comúns.

A ministra afirmou que para salir desta crisis económica é imprescindible contar con todo o potencial de homes e mulleres: "as mulleres somos máis da metade da poboación, e se non temos recoñecidos plenamente os nosos dereitos de cidadanía, todo o seu potencial, todas as súas capacidades, se non está libre de violencia, está claro que a sociedade no seu conxunto estará mermada, rendirá a metade do posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario