jueves, 11 de junio de 2009



O vindeiro xoves 25 de xuño o CIM en colaboración co ADL de Teo, vai a levar a cabo unha charla na mediateca do Grilo para informar dos bancos do tempo. O banco de tempo é unha rede de colaboración entre particulares, consistente no intercambio de tempo entre os seus participantes que ofertan parte do seu tempo para a realización de determinadas tarefas ou servizos a outras persoas.

É un banco que funciona sen diñeiro, a unidade de intercambio son as horas, independentemente do tipo de servizo que se intercambie, todos os servizos valen o tempo que se tarda en facelos.

A unidade de intercambio é a hora.

Para máis información chama ó CIM ou pregunta por Diego. A charla comenzará ás 8:00 da tarde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario