miércoles, 22 de abril de 2009



O vindeiro 6 de maio terá lugar na Casa Común de Oza un obradoiro de pequenas reparacións eléctricas no fogar. O obxetivo deste obradoiro é aportar uns coñecementos básicos para solventar aqueles pequenos problemas que se nos plantexan no día a día na nosa casa.

O obradoiro terá dúas horas de duración, de 18:00 a 20:00 da tarde. E gratuíto e para anotarse teredes que acodir o CIM no edificio de servicios sociais, dende hoxe ata o vindeiro 4 de maio.

Para máis información podedes chamar o teléfono do Concello 981 809707 e preguntar polo CIM ou por Chelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario