viernes, 6 de febrero de 2009



O vindeiro 5 de marzo comeza no Concello de Teo un curso de educación para a saúde organizado polo CIM. O curso terá unha duración de 20 horas e terá tres grandes bloques temáticas.

- Bloque 1: Educación para a saúde: No que se traballarán conceptos básicos, os determinantes da saúde e as estratexias de educación para a saúde.

- Bloque 2: Educación afectivo-sexual: No que se traballará sobre conceptos básicos, organos sexuais e métodos anticonceptivos, enfermidades de transmisión sexual e recursos para a xuventude.

- Bloque 3: Prevención de drogas: No que se falará sobre as drogas, as actitudes cara elas, as expectativas e aprobación percibida e drogas e xénero.

O curso levarase a cabo na casa común de Rarís os días 5, 6. 12, 13 e 26 de marzo en horario de 16:00 a 20:00 e será gratuíto.

O prazo para inscribirse xa está aberto e rematará o 27 de febreiro. Para anotarse tendes que acudir o CIM en horario de mañá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario