martes, 24 de febrero de 2009


As diferencias entre homes e mulleres a nivel cerebral é unha constante fonte de estudo. Un grupo de investigadores e investigadoras do CSIC e da Universidade das Illas Baleares, determinaron que a actividade cerebral de ambos sexos é diferente ante estímulos artísticos e culturales. No home a actividade neuronal rexistrouse no hemisferio dereito, mentras que nas mulleres foi nos dous lóbulos. Os neurólogos e neurólogas sosteñen que as mulleres interpretan as relacións espaciais en categorías, é dicir, que se manexan mellor en distancias cortas; e os homes mellor nas largas. Dende o punto de vista da antropoloxía, as diferencias cerebrais son consecuencia da división do traballo dende os primeiros seres humáns: a muller era a recolectora e o home o cazador. A muller aproveitaría a súa maior consciencia sobre os obxetos situados no seu entorno máis preto para recoller os froitos, e o home, utilizaría as estratexias de orientación para adentrarse nos novos territorios de caza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario