viernes, 16 de enero de 2009



No DOGA do14 de xaneiro de 2009 publicouse a orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras dos incentivos á contratación dirixidos a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

As axudas están destinadas ás empresas que:

- Reincorporen a traballadoras tras un período de descanso por causa da cesión ao traballador do permiso de maternidade

- Sustitúan a persoas traballadoras en excedencia para o coidado de familiares ou con redución da xornada de traballo por motivos familiares.

As solicitudes e anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo: http://traballo.xunta.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario