Onte presentouse na mediateca de Teo o programa de "Teo contra a violencia de xénero" subvencionado pola Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar de Galicia. O programa vai a consistir na elaboración dun video onde se aborde a problemática da violencia de xénero dende os seus comezos. A finalidade do proxecto é obter unha ferramenta útil para traballar no campo da sensibilización da poboación en xeral e da prevención no campo educativo. O video presentarase na semana do 25 de novembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario