Información sobre dereitos das mulleres, actividades de formación e de lecer, orientación e apoio psicolóxico ás mulleres, conmemorativas, charlas sobre igualdade, campañas e xornadas informativas, asesoría xurídica, civil, penal, laboral, tramitación e solicitude de xustiza gratuíta,...
lunes, 25 de noviembre de 2013
viernes, 4 de octubre de 2013
viernes, 21 de junio de 2013
O martes e o mércores fixemos un obradoiro no IES de Cacheiras para conmemorar o 28 de xuño, día internacional do orgullo LGBT. O discurso da xuventude de hoxe é que todos e todas somos iguais, da igual que sexas home, muller, gay o lesbiana. Estes debates son moi interesantes para "rascar" un pouco e ver que os prexuizos e os problemas seguen a estar ahí e hai que visibilizalos para poder superalos.
O DOG de hoxe publica as axudas a ANPAS para a realización de programas de actividades complementarias e extraescolares co obxetivo de conciliar a vida familiar e laboral, cofinanciadas co Fondo Social Europeo. Vos deixos o link:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130621/AnuncioG0244-190613-0007_gl.html
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130621/AnuncioG0244-190613-0007_gl.html
lunes, 3 de junio de 2013
viernes, 24 de mayo de 2013
O pasado 17 de abril levamos a cabo no Concello de Teo a primeira reunión do grupo de mulleres de Implicadas. Esta asociación quere levar a cabo no noso Concello grupos de axuda mutua de mulleres e estamos na fase inicial de explicación do programa. Poden participar nel calquera muller maior de idade do Concello.
Este mércores 24 haberá outra reunión na sala de informática do Concello ás 10:30, podedes acodir para informarvos.
Este mércores 24 haberá outra reunión na sala de informática do Concello ás 10:30, podedes acodir para informarvos.
viernes, 8 de marzo de 2013
Hoxe, venres día 8 de marzo, celebramos o día da Muller na Casa Común de Raris. Comezaremos coa lectura do Manifesto Institucional, e logo teremos un coloquio con seis costureiras que nos contaran como foi a súa vida laboral,e que significou o traballo para elas. Ao remate leranse dous poemas escollidos da galega, universal e actualisima, Rosalia de Castro.Remataremos coa actuación das Pandereteiras de Francos, e das cantantes Ugia Pedreira e Najla Shami, remataremos con un pincho.Estades todas e todos convidados.mulleres
viernes, 1 de marzo de 2013
Aqui tendes o enlace para ver as bases do concurso de fotografía que organizmos co gallo do 8 de marzo. Animádevos a participar.
http://www.concellodeteo.com/eadministracion/convocatoria.php?id=238&lg=gal
http://www.concellodeteo.com/eadministracion/convocatoria.php?id=238&lg=gal
Xa está aberto o prazo de inscripción para a excursión ás termas de Outariz que organiza o CIM do Concello de Teo.
Pódense anotar as mulleres, preferentemente do Concello de Teo de entre 18 e 65 anos. O custo é de 20€ ca comida e a entrada ás termas incluída (se non se quere ir as termas serían 5€ menos).
A saída será o domingo 10 de marzo ás 9:30 dende o local sociocultural da Ramallosa.
Para anotarse chamar ao teléfono do CIM, o 981809707.
Animádevos!!!!!!
A saída será o domingo 10 de marzo ás 9:30 dende o local sociocultural da Ramallosa.
Para anotarse chamar ao teléfono do CIM, o 981809707.
Animádevos!!!!!!






.jpg)
























