martes, 23 de abril de 2013




Unha mostra fotográfica dos actos do 8 de marzo na casa común de Raris.
O pasado 17 de abril levamos a cabo no Concello de Teo a primeira reunión do grupo de mulleres de Implicadas. Esta asociación quere levar a cabo no noso Concello grupos de axuda mutua de mulleres e estamos na fase inicial de explicación do programa. Poden participar nel calquera muller maior de idade do Concello.
Este mércores 24 haberá outra reunión na sala de informática do Concello ás 10:30, podedes acodir para informarvos.

O alumnado de 5 de primaria do colexio de Calo durante o obradoiro de autoestima durante o curso académico 2012-2013