
O Ministerio de Igualdade publicou os datos provisionais de mulleres mortas por violencia de xénero durante o ano 2008. O número total ascendeu a 70 e dos datos podemos observar que o maior número de mulleres eran españolas (55,7%) que tiñan denunciada a súa parella (22,9%) ca cal convivían (62,9%) e tiñan unha medida de protección (20%). A idade media é entre 21 e 30 anos (27,1%). A nacionalidade do agresor tamén foi en maior porcentaxe española (62,9%) e a súa idade é entre 31 e 40 anos (28,6%). Nun 67,1% dos casos, estes homes non se suicidan.
Con estes datos quedaría demostrado que moitos dos mitos sobre a violencia de xénero non se cumplen, como o de que a maioría das mulleres que a sofren e os seus verdugos son de natureza estranxeira ou que moitos de estes homes se suicidan.
Pareceme estupendo que salgan estas noticias porque na televisión parece que estos casos so pasan con persoas inmigrantes e esto é falso
ResponderEliminar