miércoles, 19 de noviembre de 2008



O venres 21 na Mediateca do Grilo en Cacheiras as 19:00 horas, terá lugar un contacontos de igualdade organizado polo CIM de Teo e subvencionado polo SGI. O contacontos está orientado a nenas e nenas de 6 a 12 anos.

¡Animádevos!

viernes, 14 de noviembre de 2008


O luns 17 de novembro rematou o primeiro dos 6 obradoiros de alimentación para mulleres organizado polo CIM e levado a cabo na Ramallosa. As mulleres participantes amosaron o seu interese polo tema e a súa participación foi moi positiva.
En breve informaremos das novas datas en distintas parroquias. Se estás interesada chama ó CIM para saber si se vai a realizar na túa parroquia, xa que todo vai a depender de que exista un grupo de mulleres que lle interese facelo e terase en conta a posibilidade de achegarlle o máis posible a actividade á túa casa.

miércoles, 12 de noviembre de 2008



O domingo 16 de novembro no Centro Rosalía de Castro de Cacheiras vaise a representar a obra "Medidas preventivas" de Ancora producións. Esta obra entra dentro das actividades que dende o CIM do Concello de Teo vanse a levar a cabo co motivo da conmemoración do 25 de novembro. A representación será as 19:30.



Durante o mes de novembro estase levando a cabo un obradoiro de corresponsabilidade doméstica no IES de Cacheiras co alumnado de 2 da ESO. A finalidade do mesmo é concienciarlles da importancia que ten o labor doméstico e que non é cuestión de sexo senón de implicación persoal. Os labores domésticos son cousa de todos e todas. O obradoiro está subvencionado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.